Saa: “Elas fixérono moi ben e por iso custounos tanto”

“Custounos moito meternos no partido”, engadiu.

Saa fala con Bea e Ana durante un descanso do partido.

Miguel Saa compareceu en zona mixta do Municipal de San Pedro e analizou a vitoria no primeiro partido a domicilio de 2022: “Xogamos un partido moi competido, con dous partes moi diferentes. A primeira na que sufrimos moito e non atopamos as bandas en ataque e varios despistes nosos fixéronnos sufrir máis da conta. Na segunda saímos moi metidas e iso fíxonos conseguir os tres puntos e non dar as facilidades que demos na primeira parte ao rival”.

“Sabiamos que non sería un partido igual ao da primeira volta e así fué. O máis importante foi conseguir gañar seguindo un plan no segundo parte e conseguir levalo a cabo”.

Partido ‘frío’
“Moito. O horario era novo e custounos moito meternos no encontro. Ademais, elas saíron coa idea de apertarnos na saída de balón e si non era así, replegarse en defensa e acumular moita xente por dentro. Durante a primeira parte iso xerounos moitos problemas”.

Baixas
“Toda a semana tivemos que ir variando o once que tiñamos en mente e a convocatoria e iso sempre xera algunha incerteza nas xogadoras. Pero o mellor é saber sacar o partido adiante de igual modo”.

¿Resultado xusto?
“Seguro que si o ves desde o seu lado, será un “non”. Ao final elas mereceron máis no primeiro tempo, pero nós soubemos saír a buscar o partido tralo descanso e iso creo que igualou a balanza e o acerto en área fixo o resto”.

Imprecisións
“Si, hoxe quizais foi das cousas que máis nos fixo sufrir, pero con algúns axustes lográmolo superar no segundo tempo e é co que debemos quedarnos. Elas fixérono moi ben e por iso custounos tanto”.

Tres puntos antes de recibir ao líder
“Sumar sempre é importante, sexa antes de xogar contra Mos ou contra calquera outro equipo da Liga. Nós tamén temos un partido atrasado co que a situación non é real do todo aínda ata que todos os equipos que loitamos polos primeiros postas teñamos o mesmo número de partidos”.

Cabral protesta durante un lance do partido de onte.

Victor Manuel Cabral: “Nós somos un equipo moi limitado pero, o que lle comentaba a elas, tacticamente traballamos certas cosas e mentres o físico aguanta estamos aí. Ao rival custoulle bastante cando habitualmente é un equipo moi superior a nós, move o balón mellor que nós, pero se facemos as axudas defensivas a mobilidade do balón é mais custosa e obrigamos a moitas perdas”.

“A primeira parte imaxino que sorpresiva para o Rosalía, que non esperaban isto. Ademais, imaxino que meterían nenas que xogaron menos para darlles mais minutos e despois botarían man das que realmente xogan ao fútbol, que realmente son boas xogadoras. A min fastidiame porque o primeiro gol chegou despois dun fora de xogo claro e iso xa decantou un pouquiño a balanza pero, a verdade, remato moi contento coas rapazas, sobre todo pola evolución que están tendo, xa que somo moi limitadas no físico pero tacticamente están traballando moi ben”.

Físico
“Dúas rapazas son cadetes e xogaron onte, sendo ademais as dúas mellores xogadoras e ao final resentíronse, sobre todo na segunda metade. Cando tes o equipo moi limitado e as que manteñen o grupo baixar un pouco nótase moito neste equipo”.

Antonella
“Normalmente xoga de lateral pero decidín metela arriba para ser opcións de chegadas e as tivo, non moi claras pero tiremos opcións ese sentido. Normalmente xoga atrás e non temos esas opcións coa súa velocidade pero hoxe si para poder facer sufrir un pouco ao rival”.

Primeira-segunda volta
“Na primeira volta fomos con 11 xogadoras, o balón esvaraba moito e estas moi condicionado para todo. Fisicamente era o inicio da tempada e sempre sofres mais. O que me gusto de hoxe foi, que pouco a pouco as rapazas van medrando e dándose conta das cousas que lle vou pedindo, xa que rogaban de outra maneira distinta e, dentro das limitación que temos, competir. Hoxe saímos contentas”.

Resultado xusto
“Xusto si e o normal é que gañen elas. Por ocasións, si sería xustiño tamén porque tampouco foron ocasións claras, algún fallos nosos, o fora de xogo… e, claro, os nosos cambios son moi frouxos e provocan eses fallos con pérdidas de posicións. O resultado final con 1-3, tampouco foi tanto”.

Evolución do equipo
“Nós temos moitos problemas físicos, no sentido que sempre xogan as mesmas, non temos cambios para manter o nivel do equipo e temos que darlle menos minutos a outras xogadoras. Hoxe remataron tres con molestias, outra que pedía o cambio, pero con respecto a evolución da plantilla diría que tacticamente faltarlles un pouco de posesión de balón, está custando e o estamos adestrando moito pero hai poucas nos adestramentos e non podes traballar certas cousas. Facemos moitos xogos con balón, pero ben, vexo ao equipo evolucionando. De feito, no partido contra o Lóstrego, un equipo que viña supostamente para pasar por riba houbo decisións controvertidas e custoulles tamén a elas moito sen xogar ben. O equipo vai a máis para todos, sobre todo para elas que van vendo como melloran. O problema dos grupos femininos é que moita diferencia entre unhas e outras, é dicir, en canto fas un cambio pode haber un cambio radical do equipo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content