Partido importante para as nosas promesas

O equipo Promesas recibe ao Arousana e as máis pequenas teñen unha cita contra os prebenjamines do Velle.

Novo fin de semana de compromisos oficiais para as Promesas da EFF Rosalía. Non se pode de chamar vital a ningún partido nesta categoría, o verdadeiramente vital é que as rapazas aprendan e se divertan e á vez collan amor por este noso deporte. Pero o fútbol é competición e o ano e un mes que estivemos sin esa competición, quenes máis a botaron de menos foron as nosas pequenas.

Esta semana as nosas peques reciben ao sempre duro Atlético Arousana (domingo; 11:00 horas; Monte da Aira) e atendendo aos resultados vividos ata o momento o resultado será unha lotería e será moi importante para comezar a decidir os postos de arriba dos que as nosas peques non se queren desenganchar. Esperamos seguir ca boa liña de xogo demostrada nos últimos encontros e poñerlles as cousas difíciles as xogadoras Arousanas.

Por outra banda as máis pequenas das promesas compartirán unha tarde de fútbol e diversión cos prebenxamíns do Velle hoxe ás 17:15 no Monte da Aira. Ben seguro será unha oportunidade boísima para compartir a progresión tanto das nosas pequenas, nas que terán os seus minutos as nosas “biberóns” Sofía e Celtia, como dos prebenxamíns do Velle que adestramento a adestramento son todo ilusión. O amigable rematará cunha merecida merenda entre os dous conxuntos a base de pizza e refrescos… A gozar da tarde!!!

t

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content