“Esta claro que este ano, dadas as circunstancias, é moi difícil avaliar a competición e a clasificación”, dixo.
O adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, Miguel Saa, compareceu en roda de prensa telemática na previa do partido ante Comercial, correspondente á 5ª xornada de Liga (domingo, 12:00 h, Monte da Aira): “Realmente foi un parón a nivel competicional pero seguimos xogando, tivemos un bo partido contra o Victoria de Santiago, no que xa dixemos que probablemente foi un dos mellores días das rapazas e a liña ten que ser seguir nese modo de xogo, sobre todo con ese ritmo de balón e seguir nesa dinámica”
“As rapazas, o outro día, si que é verdade que xogaron moi ben pero realmente, ao mellor esa falta de intensidade do segundo tempo foi debida a que non era un partido oficial. Elas están con todas as ganas e toda a intención de volver á competición a xogarnos tres puntos e sumar outros tres e seguir así. Nós, ao final, levamos co partido do Comercial na cabeza dúas semanas e estamos desexando que chegue”
Clasificación
“Esta claro que este ano, dadas as circunstancias, é moi difícil avaliar a competición e a clasificación. Nós, se conseguimos os tres puntos esta fin de semana, fixándonos en nós mesmas estaríamos cun pleno que non deixaría máis marxe de mellora a nivel competitivo pero si que é verdade, á hora de compararse cos demais equipos non habendo xogado un partido ou dous que teñen aprazados non se pode todavía xulgar a importancia de nosos puntos hasta ver os resultados de todas”.
Baixas
“Este ano, polas circunstancias, lesións e situación persoais, ao final poucas veces tivemos que facer selección dentro das xogadoras pero tampouco é algo que notaramos en demasías. Temos que dicir que elas compiten nos adestramentos como si tivesen que gañarse o posto entre as 25. Esa circunstancia non é algo que nos estee afectando negativamente xa que saben que o traballo individual nos adestramentos é algo que as vai facer mellorar individualmente”.
Rival
“Sabemos que o Comercial é un histórico de Lugo. Ao final, o ano pasado estivo competindo polo ascenso a primeira hasta que tivo que cancelarse. Ían cuartas e sabemos que teñen moito potencial arriba e teñen unha situación que realmente lles pode beneficiar. O feito de ter eses partidos aprazados, van afrontalos dunha maneira ou outra según teñan o resultado con nós o domingo, o cal ata lles pode beneficiar si elas chegan acá o domingo e sacan algo positivo eses partidos vamos a disputar coa maior das intensidades e das gañas pensando que todo se poda disputar na última xornada no seu campo contra nós”.
Goleadas
“O equipo está mentalizado de que cada partido é un mundo e non vale de nada ver os resultados das outras xornadas. Temos que loitar cada partido como se fose unha final e a relaxación dos segundos tempos débese a moitos factores, ao final fanse moitos cambios, tamén esta tempada o tema das tarxetas amarelas condiciona moito porque baixamos a intensidade pensando en evitalos cando temos resultados favorables, entón tamén é comprensible. Evidentemente, que gañes con relativa solvencia moitos encontros da pé á relaxación pero, ao final, é comprensible e son moitos factores tamén que inflúen”.