O equipo azul afronta o primeiro encontro a domicilio da Segunda Fase (11:00 h; sábado).
Partido de máxima importancia para a EFF Rosalía Infantil este fin de semana. O filial visita mañá no campo de fútbol de Berdón ao Atlético Arousana (11:00 horas; sábado) para disputar o primeiro encontro a domicilio da Segunda Fase. O equipo intentará confirmar as súas opcións de alcanzar a primeira posición que dá acceso á Fase Final, á cal clasifícanse os primeiros de cada grupo e o mellor segundo.
Os dous últimos encontros ante o Mos e o Lóstrego deixaron a sensación de ir a menos o equipo. No entanto, as pontinas afrontan o encontro con ganas e ilusión, tal como indicou Vane Abadín na previa do encontro: “Afrontamos a segunda fase con ganas de seguir gozando do futbol e da piña que formamos”.
Últimos resultados
“Tanto vitorias como derrotas son parte do camiño e fannos máis fortes para seguir esforzandonos. As derrotas tamén nos serven para ver o que podemos mellorar”.
“O importante sempre é competir e dar a cara en todos os partidos e saír con boas sensacións”, aclarou a técnica para o partido de mañá.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía comeza esta 2ª Fase con tres puntos na táboa por un do Arousana, motivo polo cal unha vitoria, con tan poucos puntos en xogo, deixaría ás arousanas con moi poucas opcións de alcanzar o primeiro posto.
Vane Abadín convocou a 16 xogadoras para viaxar a Vilagarcía:
Porteiras: Valeria e Aldara.
Defensas: Antía, Lucía Novoa, Laura Añón, Lucía Pérez e Silvia.
Centrocampistas: Nair, Candela Bouzas, Candela Currás, Cuquejo, Sara Rodríguez, Ester e Sara Bonjoch.
Dianteiras: Nerea e Candela Sanmartín.