Termina a primeira fase da Liga Promesas e rematamos na nosa casa, no Monte da Aira e nun día moi especial para o clube, xa que é o día de Rosalía, no que se festexa o 182 aniversario do nacemento da poetisa que da nome ao noso clube.
Para tal ocasión, o igual que fixemos o ano pasado cando pertencíamos á disciplina da AD Bosco, as nosas xogadoras agasallarán as súas rivais cunha tarxeta cun poema de Rosalía de Castro, no que este ano quixemos incluir a imaxe do mural de Rosalía que adicou o artista ourensán Mon Devane, nos muros do Colexio CEIP a Ponte. Este artista ourensán, moi admirado pola nosa directiva, é unha referencia no arte do grafitti. Cada tarxeta, que leva unha estrofa por detrás dun podema de Rosalía, vai acompañada por unha flor.
No que respecta ó estrictamente deportivo, o promesas “A” de Alba Rodríguez enfróntase ao Viaxes Interrías, co obxectivo claro de sumar o pleno de victorias no seu casilleiro. Para tal misión contan ca baixa dunha das súas goleadoras, Sara Rodríguez que descansará por un forte golpe recibido no partido da semana anterior en Mos.
No que respecta as promesas “B” de Juanma Bello terán a difícil misión de sumar algo positivo fronte o poderoso Atlético Arousana que viaxa a Ourense ca misión de manter a terceira posición na clasificación. As pequenas de Juanma, que melloraron un montón no seu xogo, están tendo moi mala sorte en momentos puntuais, sobre todo cara ó gol.
A desfrutar Rosalías!!!