Saida na matinal do domingo para xogar en Gondomar. Chegábamos no noso mellor momento, cinco victorias consecutivas e a oportunidade inmellorable de escalar posicións. O partido teóricamente prestábase, comezamos cun esperanzador 0-2 e chegábamos ao descanso sin xogar excesivamente ben, pero con un partido á vista controlado polo noso equipo. No descanso algo incomprensible debeu de pasar porque na segunda parte non recoñecíamos ao noso equipo, imprecisións, nervios, descontrol… sin menospreciar ó gran partido do noso rival, con dúas xogadoras na dianteira de grandísima calidade.
Ao final un reparto de puntos inesperado que á vista da segunda parte ben más pareceu que se gañou un punto e non que se perderan dous.
Pero no terceiro tempo o noso equipo fíxose grande, non grande, enorme… demostrou unha entereza e unha madurez impropia dunha plantilla de tan curta idade (14 anos e uns meses de media de idade) e dende a comida posterior ao partido uníronse e puxéronse a traballar para solucionar os malentendidos e problemas propios dunha convivencia que ao equipo lle poden xurdir o longo dunha tempada. Ese traballo culminárono no adestramento de onte, nunha mostra de madurez e de evolución de equipo impropia da idade das súas componentes que nos fai sentir tremendamente orgullosos do traballo e da evolución non só futbolística senon tamén personal que está a ter esta plantilla. Enormes Rosalías!!!