11:15 da mañá. Tres cuartos de hora antes do noso horario habitual xogaremos un novo partido de liga de 2ª Autonómica, no que recibimos ó pecha cancelas da competición, o Cultural Areas.
Para este partido aproveitando que o 24 de febreiro festéxase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, poetisa e escritora que da nome ó noso clube, cada membro do noso equipo o igual que imos facer nos partidos anteriores da Liga Galega Promesas, agasallará a cada unha das rivais cunha tarxeta cunhas estrofas de Rosalía e unha flor.
No que respecta o estrictamente deportivo o partido non debería ter moita historia. Sin pecar de prepotencia, os números están ahí e o partido non debería ter problemas para sacarse adiante e conquerir os tres puntos. O que teñen claro dende o corpo técnico que o partido ten que valer para as xogadoras que tiveron menos oportunidades e que gozaron de menos minutos, como proba para demostrar, con bo xogo, que están preparadas para desafíos máis importantes.
Na convocatoria son baixa Sara Dopazo por lesión, Nicole por estudios, Alba “Coles” por trabajo, Adriana por problemas musculares e Ainara por decisión técnica.