Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos.

Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da Escola de Fútbol Feminino Rosalía, foi outra das futbolistas que se uniu á nómina das azuis que cumpriron recentemente o centenar de partidos coa entidade pontina. A centrocampista xunqueirá alcanzaba os seus cen encontros como rosalía na goleada ante o Vitoria FC ‘C’. A propia Aldara anotou o quinto tanto para os súas cun remate dentro da área á saída dun córner.

A mediocentro debutou na quinta xornada da temporada 2018/19 fronte ao Valladares na Gándara.

Desagregado por tempadas, a mediocentro defensiva que chegase no mercado estival da campaña 18/19 disputou un total de 100 partidos divididos en 17 na súa tempada de debut, 20 na 2019/20, 9 na tempada acurtada polo Covid-19, 21 na 2021/22, sumando outros 24 na campaña 2022/23 e completando a cifra cos nove disputados ata o momento este ano. Entre todos eles, Aldarita logrou anotar cinco tantos como xogadora da EFF Rosalía.

Check Also

Convivencia de fútbol San Cibrao das Viñas

Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol …

Skip to content