Presentado o novo corpo técnico do equipo senior.

“Damos a benvida a un magnífico profesional que dará un paso adiante en canto a competitividade ao equipo”, asegurou Mario Gómez.

Miguel Saa foi presentado como novo adestrador da EFF Rosalía na sede da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía. Despois de coñecer fai un mes que Iván Canal non continuaría ao fronte do equipo creouse unha certa expectación de quen sería o encargado de dirixir ao equipo sénior na tempada 2020/21, o presidente Mario Gómez deulle a benvida: “Hoxe, todos os membros da escola lle damos a benvida a alguén que demostrou ser un magnífico profesional e seguro farás un bo papel dando un paso adiante en canto a competitividade do equipo”.

Miguel firmou por unha tempada coa EFF Rosalía

Miguel Saa naceu en Barcelona fai 32 anos, comezou a súa andadura nos banquillos no 2007, na Ponte Ourense formou parte do corpo técnico de varios dos seus equipos de base durante seis anos para, no 2013, chegar a terras alaricanas, onde durante 4 anos alternou o primeiro equipo do Allariz con outro de base. Os derradeiros tres anos adestrou á Manchica, xuvenil A do Independiente FC de Vigo e o Muiños, toda esta bagaxe cunha formación como adestrador del Nivel III.

Non chega só.
Saa non estará só, estará acompañado por Johny Otero, como segundo adestrador, cargo que compaxinará co de adestrador de porteiras do club. Ambos adestradores xa se coñeceron ao coincidir no CD Allariz.

Otero, natural de Leganés, conta cunha ampla experiencia como porteiro en equipos como na base de CD Ourense, Raio Alaricano e Allariz onde tamén se encargou da formación dos seus porteiros de base.

Johny acompañado do presidente na súa presentación

O clube ten postas moitas esperanzas neste corpo técnico que non dubidou á hora de aceptar a oferta de adestrar ao noso senior e que confesaban que o que máis lles atrae é o obxectivo de tratar de ascender ao equipo á 1ª Galicia.

Check Also

A EFF Rosalía completa a segunda semana de adestramentos cunha intensa sesión

As futbolistas da EFF Rosalía completaron este venres o último adestramento da semana no que …

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar