Iván Canal non continuará como adestrador do primeiro equipo

Despois de meditalo profundamente, a directiva da Escola de Fútbol Feminino Rosalía, tomou a decisión de que o adestrador do equipo senior, Ivan Canal Pérez, non continúe a próxima tempada.

A xunta directiva agradécelle a Iván o seu esforzo, dedicación e gran traballo realizado en toda esta tempada e deséxalle o mellor na súa vida persoal e profesional de aquí en diante.

Iván Canal chegou ao clube o pasado verán despois de adestrar ao xuvenil do CD Seixalvo elexindo como axudante ao adestrador da EFF Rosalía Promesas “A”, Juanma Bello. A pesar de ser a súa primeira experiencia cun equipo feminino, Canal, cunha boa bagaxe en equipos de formación, sacou un rendimento moi positivo esta tempada, superando os números deportivos do curso pasado e, a pesares do precipitado final, logrando 38 puntos nas 21 xornadas disputadas ata a suspensión da competición polo Covid19. A EFF Rosalía, rematada a competición pola Federación Galega de Fútbol, terminou no sexto posto con 12 victorias, dous empates e 7 derrotas, merollando o oitavo posto da 2018/19 e logrando unha xeira de sete partidos consecutivos sen coñecer a derrota na primeira volta da competición. Por outra banda, o equipo destacou polo bo xogo despregado, algo que destacaron os adestradores rivais en todos os enfrontamentos contra o equipo senior.

Canal tamén fixo debutar a catro xogadoras do equipo infantil, Lidia, Ester, Cuquejo e Sara tiveron os seus primeros minutos no primero equipo baixo a batuta dun adestrador tamén preocupado polas xeracións que chegan dende abaixo, chamando a adestrar coas senior a algunhas xogadoras máis.

Iván Canal nun dos adestramentos do equipo senior.

En próximas datas o clube presentará ao novo corpo técnico que se fará cargo do noso equipo senior na terceira tempada de existencia do clube. Así mesmo a directiva está inmersa na configuración da plantilla do primeiro equipo para a tempada 20/21.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content