Saa: “Non vou a enganar a ninguén”

Miguel Saa foi presentado como novo adestrador da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía na sede do club e a continuación deu a súa primeira rolda de prensa como adestrador do primeiro equipo: “Aceptamos este reto porque nos pareceu unha proposta interesante, unha experiencia nova onde podemos crecer como adestradores e, sobre todo, novas experiencias e moita seriedade por parte da directiva dende o comezo e iso empuxounos a aceptar a proposta”.

“Vin xogar un par de veces ás pequenas e despois teño datos de outros adestradores que estiveron”.

Estilo de xogo.
“Normalmente sempre trato de ir coa premisa de adaptar meu estilo aos xogadores que teño, non me gusta chegar cunha idea predeterminada. Ata ver o funcionamento das rapazas, o que da o plantel, non levo unha idea fixa. Creo que ao final o adestrador debería conseguir sacar o mellor do equipo en función das cualidades das xogadoras. Adoito caracterizar aos meus equipos por ser bastantes directos na forma de xogo en plan competitivo, sobre todo equipos intensos, equipos competitivos e equipos, en canto a forma de xogo, dependen un pouco das características dos xogadores pero adoita predominar a velocidade, rapidez e a vontade de chegar rápido”.

Primeiros contactos coa plantilla.
“Xa tiven conversacións con dúas das máis veteranas, con Isis e con Alba e ata o de agora as sensacións son moi boas, véxolles moita vontade e moitas gañas e sobre todo un equipo con moita fame, con gañas de competir, que é a palabra que máis nos chama a todos este ano”.

Equipo moi xoven.
“A idade si que pode ser un inconveniente pero esa experiencia de dous anos xogando xa lle da esa bagaxe para que poidan competir nesta categoría. Pero bueno, esa xuventude supoño que irá da man con ilusión e con gañas, entón eu creo que unha cousa vai a compensar á outra”.

Miguel Saa como adestrador
“Eu penso que si teño que dicir unha característica principal é que non vou a enganar a ninguén. Todos os xogadores que tiven souberon dende o primeiro día o que eu me esperaba e despois podenme sorprender conseguindo máis ou menos pero vou sempre coa verdade por diante e con iso penso que evito moitísimos problemas”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido