Moito Tomiño nun ambiente festivo

Rematábamos a nosa primeira experiencia ligueira en categoría senior o pasado domingo visitando ó vixente csmpión do noso grupo e sen dúbida o mellor equipo da categoría. Desprazábamonos ata O Alivio, campazo de herba natural, para disputar a derradeira xornada e seguir preparando unha nova experiencia para o noso clube como vai ser a próxima eliminatoria para o ascenso, que nos emparellará ca EMF Boiro, segunda clasificada do grupo 3°.

As nosas senior fan o pasillo ó Tomiño CF como Campión

A primeira parte foi un monólogo do equipo local, as nosas con varios cambios no once titular e con diversas probaturas nas posicións non se atopaban cómodas sobre o verde do Alivio e as liñas estaban moi retrasadas o que fixo que nos fóramos ó descanso cun claro 4-0.

A segunda parte foi ben distinta, cun Tomiño máis relaxado e cas nosas tirando de casta e orgullo, valores dos que teñen demostrado ir sobradas, adiantaron liñas e diron un paso ó frente para plantar cara e incluso merecer recurtar distancias inda que o marcador nesta parte non se chegou a mover.

Ó final do partido tempo para homenaxear no día da nai as sufridas nais que partido tras partido alentan as nosas xogadoras a pe de campo. Unha bonita estampa ca que quixemos honrar as nosas “ultras” particulares. Graciñas!!!

Homenaxe no día da nai

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content