Segundo clasificado, 15 partidos gañados, 3 empatados e só un perdido (fronte o todopoderoso lider Tomiño). 143 goles a favor en 19 encontros, só 13 en contra… o clube con mellor diferencia de goles a favor e encontra de toda a liga… Estas son as credenciais do noso próximo rival na matinal do domingo no Monte da Aira, sobre o papel misión imposible para as nosas, inda que si algo nos teñen demostrado as nosas guerreiras, inda a semana pasada en Matamá así o fixeron, que para gañarlles hai que pelexar e sudar do lindo. Quen vexa os números de un e de outro equipo tería un dous claro na quiniela, quen siga de cerca o descomunal traballo do noso senior seguro que non o terá tan claro.
Esperemos que o descomunal esforzo da pasada semana non se resinta, pola semana todo parecía indicar normalidade nos adestramentos da nosa plantilla, inda que o pasado domingo terminaron fundidas sobre o céspede do Penedo da Moo.
Para esta semana a plantilla está ó completo para Alonso Méndez, despois deste partido espéranos case un mes de parón, polo que non hai ningún atranco para non vaciarse sobre o noso verde e ante a nosa xente para dar a que sería a campanada da xornada.
Imos Rosalías!!!