O Pereiró só nos pudo vencer de tiro libre

Tremendo partido o vivido no Monte da Aira na matinal do domingo. Sobre o verde viviuse unha das batallas máis disputadas de toda a tempada. Presentábase no noso campo o poderoso Pereiró, conxunto que non fai amigos por onde vai, 145 goles a favor e 13 en contra en 19 partidos unha tarxeta de visita tremenda pero que non amilanou as nosas senior que sairon decididas a vender cara a pel e os tres puntos.

O domingo vivimos un auténtico partidazo no Monte da Aira

Afogar ó rival, esa parecía a premisa das de Alonso Méndez que non deixaban espacios para combinar as súas rivais. Con cambios na defensa debido a dúbida de Andrea, Isis ocupou o lateral esquerdo e Judith ocupou o posto de central de inicio, no medio do campo librábase a verdadeira batalla, Ainara e Aldarita tiñan moito traballo, acompañadas desta vez na media punta por Patricia, para desbaratar as combinacións visitantes e o plan salía a perfección. Apenas inquietaban a portería de Rocío as visitantes e as nosas nas contras achegábanse con perigo. Pouco antes do descanso unha falta moi dudosa ó borde da área facía que o Pereiró se adiantara no marcador, un duro mazazo antes do ecuador do partido do que as nosas as sobrepondrían ó momento.

Nas áreas saltaron chispas durante os 90 min

Na segunda parte as nosas puxeron durante a primeira media hora en verdadeiros apuros o Pereiró e o empate parecía estar moi preto, pero a gran actuación da porteira visitante evitouno en varias ocasións. Cando mellor estábamos dous mazazos seguidos, a lesión de Andrea nun xeonllo e o segundo gol noutra “faltiña” moito máis que dudosa. A derrota non empaña o traballo e a boísima imaxe que diron as nosas guerreiras ante un rival que non é desta categoría.

Parabéns Rosalías!!!

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido