Ca cabeza moi alta…

Viaxaron o domingo as senior en busca da remontada a Boiro, durante toda a semana a preparación do partido foi minuciosa por parte de Alonso Méndez, podíase e así llo fixo crer as súas xogadoras que durante moitos minutos metéronlle o medo no corpo a unha EMF Boiro que tivo que sudar máis da conta para desfacerse do oitavo clasificado do grupo catro.

A salida do Rosalía foi en tromba, obxectivo encerrar ao Boiro na súa área avanzando liñas. No minuto 22 merecido premio, Zaira gaña as costas da defensa e de tiro cruzado adianta as nosas no marcador. Desconcerto nas filas do Boiro que veían como na seguinte xogada Yadira se plantaba sola nun man a man ca porteira que desviou cun pe a córner por pouco…. As locais só puideron aguantar o chaparrón na primeira parte e chegouse ó descanso.

A segunda parte comezou tola, dúas ocasións nosas en dous minutos e nunha contra tiro ó longueiro do Boiro. No minuto 50 dúas xogadas que a ben seguro puideron cambiar o sino da eliminatoria… primeiro un fora de xogo inexistente que plantaba a Zaira soa fronte a porteira e logo no rexeite dun córner un clarísimo penalti que o árbitro non tivo valentía para sinalar. A eliminatoria estaba tola e aberta, pero o Boiro comezaba a atopar ocos nas costas da nosa defensa fruto do cansancio e nunha internada por banda dereita unha xogadora do Boiro foi quen de dar o pase da morte para por o 1-1 no marcador a falta de 20 minutos o cal complicábanos moito as cousas.

As nosas tiraron de pundonor e coraxe para tentar seguir pelexando pero non conseguiron aumentar o seu casilleiro, por contra xa no desconto a EMF Boiro marcou un auténtico golazo de tiro exterior que lles daba a inxusta victoria neste partido.

Moi bo partido o xogado polas nosas que despiden así a súa primeira experiencia ligueira. Nós como clube valorámola como un auténtico éxito xa que fomos quen de de formar un equipo en 9 días e con unha media de idade de 14 anos e gracias a total implicación e ilusión de todas e cada unha das xogadoras que forman a plantilla conquerimos formar un bloque sólido e un equipo que se ve identificado cas súas cores e o seu clube. Graciñas de corazón rapazas por todo o que nos fixestes vivir esta tempada!!!

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content