Vimos bastante preparadas e a ver se podemos levar os 3 puntos

“A verdade é que vimos bastante preparadas, estivemos adestrando moito, esforzámonos, xa fixemos táctica e técnica, fixemos xogos de balón, rodas de pase e todo o tema de control nos desprazamentos, todo o tema de pase-control, preparando para o partido desta fin de semana e a ver se podemos levar os tres puntos”, analizou Lidia Rodríguez.

Nas horas previas oa debut na Liga infantil feminina galega Pizza Móvil (domingo, 10:30h, As Baloutas (Mos)), a capitana da EFF Rosalía infantil comparecer ante os medios para analizar as novas do seu novo equipo.

Novo clube
“A verdade é que me trataron moi ben e estou moi contenta coa xente coa que estou e así me gustaría rematar a tempada, feliz”.

Novas compañeiras
“Somos todas estupendas, coportámonos moi ben, metémonos entre nós, por exemplo eu métome moito con Ester e rímonos moitísimo nos adestramentos e pasámolo moi ben”.

Lidia presionada pon Candela Bouzas nun adestramento.

Continuar a racha
“A verdade é que me gustaría seguir e meter un gol ou dous para meu equipo, xa que os tres goles que metín foron co senior e esperemos que co infantil meta moitos máis”.

Compaxinar senior e infantil
“Non é compricado, estou adestrando os luns e os xoves cas miñas e os venres vou cas senior, xa que o martes non podo ir, e ata agora fun coas senior aos partidos e a verdade é que Juanma e Iván tratáronme moi ben”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content