Silvia Chao novoa xogadora do equipo senior

O plantel de futbolistas do noso primeiro equipo incorpora unha nova xogadora. Despois da chegada de Noa Fernández, María Feijóo e Noa Fírvida, o plantel se reforzará coa chegada de  Silvia Chao, de dezaseis anos.
 
 
Silvia reforzará a liña de ataque do conxunto que prepara Iván Canal. Chega a nosa entidade logo de xogar en categorías inferiores tanto a baloncesto como a fútbol sala. 
 
Nesta última modalidade pertencéu durante duas temporadas consecutivas a canteira de xogadoras do Cidade das Burgas da nosa cidade. 
 
Silvia asegura estar “ilusionada pola oportunidade de xogar no referente ourensán do fútbol feminino. Espero estar a altura e de poder axudar as miñas novas compañeiras”. Tamén nos comenta que “quería xogar ao fútbol porque é un deporte que me gusta dende moi pequena e quien aproveitar a oportunidade que me brindaba o único clube feminino ourensán”.
 
No referente á Silvia xogadora, ela misma se define como “unha xogadora que loita moito polo equipo e que sempre da o máximo no terreo de xogo para lograr o mellor para o clube”.
En canto a sua posición preferida, sinala que “me siento moi cómoda xogando de dianteira”.
 

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido