Proba de lume para a EFF Rosalía coa visita da SD Chispa feminina

Voltamos ao Monte da Aira para recibir ó líder e máximo favorito a levarse o título na tempada regular (domingo, 12:00h).

“Vai a ser un rival moi compricado, nestas duas xornadas elas gañaron, no primeiro partido quedaron 5-3, gañaron de dous pero no segundo quedaron 7-0”, destacou Iván Canal na sala de prensa.

https://www.effrosalia.es/rolda-de-prensa-previa-da-3a-xor-eff-rosalia-vs-sd-chispa-feminino/

 

Visítanos un clube ao que sorprendentemente se lle escapou o ascenso a tempada pasada despois de arrasar no grupo III da segunda división autonómica e incluso gañar 0-1 no Alivio de Tomiño no partido de ida da rolda de campións polo ascenso…. pero sorprendentemente escapouselle entre os dedos no partido de volta ao caer derrotado por 0-2. 

Este ano a historia será diferente, foron encuadradas no grupo IV, na nosa modesta opinión o máis forte de tódolos grupos como demostraron os tres ascensos do ano pasado, inda así son as máximas favoritas xunto co Rápido Pereiró, que xa nos visitou e as Rosalías non llo puxeron fácil. Estamos seguros de que o partido do domingo será de poder a poder. 

As de Canal chegan nun bo momento, despois de gañar e remontar en San Mateo, complicadísimo campo de herba natural e de facer un bo partido fronte o Pereiró. Ainda que Canal ten a varias xogadoras tocadas, estamos seguros de que o Chispa non o vai ter nada sinxelo fronte as xoves xogadores azuis.

Iván Canal e Juanma Bello convocaron a 16 xogadoras para o encontro de mañá domingo.

CONVOCATORIA DA EFF ROSALÍA:

Porteiras: Rocío.

DEFENSAS: Aldara Sequeiros, Feijóo, Cae, Noa Domínguez, Andrea e Isis.

CENTROCAMPISTAS: Alba, Lidia, Noa Fírvida, Patricia, Aldarita, Sabela e Yadira.

DIANTEIRAS: Zaira e Noa Fernández.

Precedentes.

Esta será a primeira ocasión na que se enfrenten os dous equipos.

Resto da xornada.

No resto da xornada destaca o enfrontamento entre o Pereiró e un San Mateo que ben seguro intentará sumar os seu primeiros puntos da tempada no difícil campo do Monte da Mina. Un dos colíderes, Bueu, visita o Federativo de Coia para intentar seguir a senda do Chispa e Pereiró na cima da taboa, pero ben seguro que o Balaidos non poñera as cousas fáciles.

Na parte baixa, Marín, Mosteiro, Juventud de Cambados e Ponte Caldelas intentarán sumar tamén os seus primeiros puntos.

Os enfrontamentos da terceira xornada, que se disputará íntegramente o domingo son:

12:00h EDVM Pereiró vs Sp.C. San Mateo

12:00h Gondomar FB vs Juventud de Cambados

12:00 EFF Rosalía vs SD Chispa

16:00 Balaidos CF vs CD Bueu

16:30 Marín CF vs Umia CF “B”

17:00 SD Noalla vs SCD Ponte Caldelas

17:00 SD Puentearnelas vs CD Mosteiro

Descansa Racing de Vilariño

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content