Rolda de prensa previa da 3ª xor – EFF Rosalía vs SD Chispa Feminino

Sair valentes, sair con intensidade e de tú a tú sen ter medo de ningún rival”, añadiu o adestrador.

Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira despois do derradeiro adestramento previo ao partido da EFF Rosalía fronte a SD Chispa:

“Vai a ser un rival moi compricado, nestas duas xornadas elas gañaron, no primeiro partido quedaron 5-3, gañaron de dous pero no segundo quedaron 7-0”.

SD Chispa feminino

“Un rival que o ano só perdeu un partido, quedaron primeiras na liga, creo que levaron 166 goles a favor con 11 ou 13 goles en contra. Un equipo que xa leva anos traballando, o ano pasado era o segundo ou terceiro ano que está nos postos de arriba e o ano pasado quedaron primeiros. Logo xogaron a liguilla de ascenso pero non conseguiron ascender. Estas duas primeiras xornadas competiron e gañaron sen esforzó o que fai que vaia a ser moi compricado”

Só un adestramento esta semana

“O martes non puidemos adestrar porque estivo tronando e chovendo. A choiva é o de menos porque ainda que diluvie imos a adestrar igual, en cambio cos tronos non vou a permitir que as rapazas adestren porque é un risco. Só puidemos preparar hoxe o adestramento, eso sí con máis intensidade para chegar ao domingo nas mellores condicións”.

O equipo

“O equipo o vexo ben porque o primeiro partido costounos, o Pereiró era tamén un rival que vai a estar arriba nos postos de ascenso e costounos pero competimos ben, traballamos ben en defensa, as rapazas fixeron todo o que lles pedín. O segundo partido contra o San Mateo fixemos un bo partido, gañamos de dous pero puido ser de máis, xa que fallamos un penalti, tivemos erros cara a portería rival…

Eu ao equipo o vexo forte, con gañas e imos a competir o mellor posible todos os partidos e gañalos coma sempre traballando e a ver se é posible conseguir os tres puntos o domingo”. 

Liña defensiva entre algodóns

“O outro día Andrea viña dunha rotura fibrilar de cuádriceps, xogou, competiu e o fixo ben, no partido non tivo ningún problema.

Cae o domingo ten que traballar, só vai a poder estar para a primeira parte, en San Mateo faltou e notouse porque Cae é unha xogadora experimentada, unha central que da boas coberturas e da consistencia á defensa. Só poderá xogar a primeira parte, Andrea a ver se non se resinte, Feijóo veu dunha rotura no aduptor que a tive parada 15 días. No primeiro partido xogou 90 minutos arriscando, a semana pasada tamén xogou 90 pero a vexo forte”.

Idea de xogo

“O que quero é que o equipo colla unha identidade. Unha identidade de traballo, de intensidade e ese será o noso obxetivo a plantear nos partidos, vai a ser intentar competir a todos os equipos da liga. Intentar sair fortes, intensas e dificultarlle o maior posible o xogo aos rivais. Sair valentes, sair con intensidade e de tú a tú sen ter medo de ningún rival”.

Pola súa parte, tamén compareceu ante a prensa a bigoleadora do encontró fronte o San Mateo, María Feijóo: “sabemos que vai ser un rival, a priori, difícil. Seguramente será o partido máis difícil xunto co partido no seu campo pero imos con gañas e intentar dar a sorpresa. Imos sair a morder e intetar dalo todo”.

O equipo motivado.

Creo que estamos motivadas, podemos intentar dar a sorpresa. Elas, quizá veñán con máis presión acá, xa que ao ser equipo favorito, pois non poden perder puntos tan fácilmente, entón quizá poidamos aproveitar eso e intentar dar a sorpresa. Como dixen, motivadas e con gañas.

Lesión superada.

Ben, de verdade que ben, pero o único que me falta é físico xa que non puiden facer pretempada cas miñas compañeiras, pero en canto a perna bastante ben a pesar de xogar os dous partidos os 90 minutos, pensei que iba a ter alguna molestia pero todo perfecto.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content