O Infantil caeu en Oira tras perder 1-2 fronte ao Orzán SD nun partido moi competido decidido por pequenos detalles e pola efectividade das visitantes.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil non puido conseguir a vitoria no primeiro partido da Fase Título no Municipal de Oira tras caer por 1-2 ante Orzán nun partido que se decantou cara ao equipo que tivo máis efectividade e que as nosas non mereceron perder.
O inicio de partido foi frenético. Sara, crea a primeira ocasión de perigo nada máis comezar o encontro tras un centro que despexa a defensa en zona de gol. A resposta de Orzán chegou en forma de gol, no minuto 15′, Sofía Rodríguez puxo un bo balón entre liñas desde a dereita e Marta Moreno, desde dentro da área, conseguiu adiantarse na contenda cun remate certeiro. Moita igualdade neste primeiro tempo, aínda que sen ocasións claras para ambos os equipos. Aínda que, nun erro dobre das nosas, as coruñesas aumentaron a vantaxe aos 34 minutos. Naiara saca unha falta sen perigo que Karla rexeita a córner. Marta Moreno saca e o balón paséase por área pequena e acaba no fondo da rede.Tres minutos despois, Sara dispara desde a frontal e Aldara despexa nunha boa intervención, avisando do que sería a segunda metade.
O segundo tempo foi un monólogo das locais. Aos dous minutos da continuación, Sara remata desviado dentro da área ante ao saída de Aldara. Dez minutos máis tarde, a gardameta visitante despexa a córner un bo tiro de Sara desde a frontal. As nosas xogaban en campo contrario, totalmente envorcadas en busca do gol. As ocasións máis claras continuaban chegan nas botas de Sara, con disparos desde o bordo da área e así chegou a seguinte aos 61 minutos de xogo. Outra vez Aldara Crespo responde cunha boa intervención. A resposta de Orzán, na única chegada da segunda metade, foi tras un contragolpe que remata desviado Marta. As de Quique e Castro non deixaron de insistir e o premio en forma de gol chegou a balón parado no 75′. Sara provoca un córner, sácao Ainara e tras un barullo en área pequena con varios remates, África envía o esférico ao fondo da rede. Quedaban cinco minutos para lograr o empate e apunto estivo de chegar no desconto. Saque de banda de Sofía desde o sector esquerdo, África adiántase ao seu par e ao entrar na área cede a Sara que se atopa coa portería baleira, pero o seu tiro desde 13 metros pega no poste e con el todas as opcións de remontar os dous goles iniciais de Orzán.
Diego Castro, analizaba o acontecido ao remate: “Saímos bastante imprecisas e excitadas na primeira metade e dous errores puntuales lastráronnos demasiado. Ainda así na segunda metade tivemos 10 ocasións claras de gol. Demasiado castigo para o dominio e bo xogo das nenas”.
Derrota do Infantil na volta á competición tres semanas despois. A tempada está a ser boa e os resultados están a chegar, pero hai que seguir traballando e seguir pelexando para encarar este tramo final da mellor maneira posible. A semana que vén visitarán ao mellor equipo da categoría, Pastoriza.