Reforzo para o centro do campo

A nova xogadora do equipo Senior compaxinará a súa función de técnica co equipo Infantil co seu labor no primeiro equipo.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e María Suárez chegaron a un acordo para a incorporación da xogadora ao club pontino ata o 30 de xuño de 2022.

María chega libre logo de disputar a súa última campaña na UD Torre do Mar de Málaga. Nativa de Ourense cos seus 23 anos xogou no Atlético Juval e Atlético Benamiel antes de chegar ao equipo malagueño, onde participou nos playoffs de ascenso cando o equipo militaba na Segunda Andaluza. A centrocampista chega con gran ilusión para formar parte do club pontino.

A xogadora ourensana, que pasou recoñecemento médico no Centro Médico O Carmen, visitou a sede do club acompañada polo presidente da entidade e o directivo de comunicación e confesou estar “moi ilusionada con esta nova aventura porque aínda son nova e teño moitas cousas que aprender xogando”. A centrocampista defínese como “unha futbolista rápida polo que me gusta o xogo directo pero tamén me gusta o xogo combinativo coas miñas compañeiras”.

María firma ata o 30 de xuño de 2022.

“Aportarei velicidade, experiencia, gañas e apoio ás miñas compañeiras”

María Suárez

Unha vez realizada a presentación, a nova xogadora azul explicou aos medios do club onde rende mellor no campo e que pode aportar ao equipo: “Podo xogar en banda tanto defendendo como atacando pero séntome máis cómoda atacando e en calquera banda aportando velocidade, experiencia, ganas, apoio ás miñas compañeiras”.

O presidente deu a benvida á nova xogadora: “Chega ao noso club unha xogadora vertical de banda, un perfil no cal estábamos un pouco escasos estas tempadas pasadas. Ademáis lévanos demostrado que é unha xogadora implicada coa institución o cal nos dará un plus de veteranía do cal tamén íbamos un pouco escasos. Esperamos María que o paso polo noso club sexa do máis productivo tanto para ti como para nós”

O vindeiro domingo, María terá a primeira ocasión de mostrar as súas calidades ante a súa nova afección no Campo de fútbol de Aira.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content