Comeza un novo proxecto

O vivero do club estreaba unha tempada máis a súa pretemporada con moitas novidades cun claro obxectivo, ser as protagonistas dentro duns anos do equipo senior.

Arrinca o novo proxecto 21/22 da estrutura que ten nutrir de xogadoras ao equipo Senior do club nun futuro. O pasado fin de semana as nosas xogadoras máis novas tiveron os seus primeiros partidos de pretemporada cheas de ilusión por emprender esta nova etapa. O club programou dous partidos para este pasado fin de semana, o Promesas “A” viaxou a Ponteareas para xogar fronte ao Sporting Club San Mateo, mentres que o partido do domingo fronte ao Tomiño tivo que ser suspendido pero serviu de para enfrontar aos dous equipos Promesas nun partido dirixido polo profesor e o alumno, Tamayo vs Javi.

O sábado, aproveitando o amigable do equipo Cadete en terras ponteareáns, viaxou o Promesas “A” para medirse ante o Sp.C. San Mateo. Primeiro partido amistoso da tempada 2021/22 dun equipo dirixido, unha campaña mais, por María Feijóo e con oito caras novas no plantel.

“Estar na base significa que cada ano hai que volver a empezar”

María Feijóo

Foi un partido onde os nervios estaban moi presentes nas xogadoras. Para a gran parte era o seu primeiro encontro e non sabían como iba saír e máis aínda sen haber traballado nada o tema táctico. Según a técnica “demos poucas indicacións antes do encontro, centramonos en que disfrutasen e elas mesmas soubesen tomar as decisións adecuadas en cada situación”. A pesar do resultado positivo, nesta idade de formación o importante é que as xogadoras medren deportivamente futbolísticamente pero ben seguro que a sensación foi boa ao acadar unha vitoria no primeiro partido. Feijóo ao finalizar mostraba a sua ledicia polo visto no terreo de xogo: “Quedamos moi contentos porque non contabamos que salise todo tan ben, estar na base significa que cada ano hai que volver empezar, traballar o mesmo unha e outra vez e ter moita paciencia”.

Mestre e alumno durante o partido do pasado domingo.

O domingo foi diferente. O partido enfrontaba a compañeiras, ao adestrar os dous equipos xuntos cada semana, polo que o aliciente estaba nos banquiños. Feijóo, por motivos deportivos, non podía dirixir o seu equipo e foi substituída polo coordinador de base, Alberto Tamayo. Deste xeito, enfrontábanse alumno contra mestre no terreo de xogo de Oira.

Os primeiros minutos foron de igualdade, cun lixeiro dominio do Promesas “B” sobre os seus rivais pero segundo avanzaron os minutos, a veteranía impoñeríase e comezaría o traballo baixo paus de Paula, nova porteira do equipo “B”. A intensidade no banquiño de Tamayo contrastaba coa tranquilidade de Javier, que intentou que as súas xogadoras subisen liñas para crear mais problemas aos seus rivais pero non xurdiu efecto.

En definitiva, primeira xornada de formación dos equipos Promesas, que continuarán con máis amigables cara a preparación dunha nova tempada.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content