Reparto de puntos ante un bo rival

As nosas conseguiron adiantarse en duas ocasións, pero un bo rival acabou firmando as táboas no marcador.

Partido onde a posesión do balón estivo baixo o control das de Carlos Díaz, xa que o rival deixaba xogar a espera de atopar un oco na defensa visitante. Desta maneira, chegou o primeiro aos 12 minutos de xogo tras unha boa xogada individual de Sara e cruzar o balón lonxe da estirada de Abigail. Catro minutos despois, a resposta local cun remate de Clara que empata o partido (1-1). A partir deste intre, o encontro non tivo un dominador claro. Con todo, ao bordo da media hora de xogo as visitantes adiantábanse novamente por medio de Sara que aproveitaba un contragolpe para rematar de vaselina desde a frontal ante a saída da meta rival (1-2, minuto 25). Aguiño puido empatar en varios achegamentos pero sen moverse o marcador.

No inicio da segunda metade, a primeira acción de perigo chegou ao lado local nun balón longo que Iara despexou moi atenta. Mihret creou perigo aos 58 minutos, cun asistencia a Cayetana remata alto. Dez minutos despois, un descoido en forma de cesión provocou o empate local. A falta indirecta, termina en gol de Alba Suárez (2-2). Desde ese momento ata o final, o noso equipo saía ben co balón, pero nos metros finais as ocasións non se converteron en acertos, sendo a máis clara a tres minutos do asubío final nun disparo de Cayetana que Abigail detén nunha gran intervención.

Ao remate do partido, Carlos atendía á web do club para analizar o encontro: “A primeira parte faltounos actitude e personalidade porque non nos atreviamos a circular rápido o balón e non tiñamos ganas de demostrar que eramos superiores. Despois do paso polos vestiarios e axustar certos detalles, sobre todo de actitude e ganas de ir a por o partido, pero unha xogada illada de desconexión, nun pase atrás a nosa porteira colleu o balón coa man e pitáronnos cesión, nesa falta indirecta dentro da área foi o empate delas”.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content