Este fin de semana e aprobeitando a ponte do Pilar, o noso clube desprázase ó completo na matinal do venres ata o Campo da Gándara en Valladares para disputar a partires das 11:00 un triangular amistoso entre o equipo local e o Rosalía “A” e “B”.
As nosas peques debutan en amistoso cun equipo da sua categoría e será un pracer para todos os que formamos este clube ver as evolucións das peques de Alba e Juanma ante o próximo inicio ligueiro do día 27.
Posteriormente ás 12:30 o noso senior xogará o seu partido de liga fronte o Valladares “B”, un dos mellores equipos da categoría que seguro nos porá as cousas moi difíciles sobre o verde da Gándara.
O noso equipo terá a casi segura baixa de Cae Vizcaya que se retirou lesionada o pasado domingo do partido fronte o Ponte Caldelas.
Ilusión e ganas por facer un bo partido non nos vai a faltar, máis cando a grada do campo de Valladares se atopará chea de Pequenas Rosalías alentando as suas maiores.