Rocío renova unha tempada máis.

A porteira pereirá seguirá vestindo a nosa camiseta unha tempada máis.

Rocío seguirá un ano mais lucindo o número #1 na camiseta da EFF Rosalía.

Rocio Suárez e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía chegaron a un acordo para a ampliación do contrato da gardameta. A xogadora de Pereira de Aguiar ampla a súa vinculación co noso club por unha tempada máis, polo que seguirá defendendo a azul ata o 30 de xuño de 2022. A pasada campaña, a mellor dende que debutou coa azul, a porteira tivo un balance de 0,33 goles/partido (9 encontros, 3 goles recibidos), converténdose nunha das mellores gardametas da categoría.

Tras asinar o seu contrato, a segunda capitá mostrouse feliz e ilusionada: “Séntome feliz de renovar co Rosalía e tamén entusiasmada coa tempada que vén. Para min este club é a miña casa e séntome moi ben aquí”.

Ademais, Rocío apuntou: “Afronto esta nova tempada con moitas ganas, moita ilusion e con ganas de aprender e gozar. Creo que temos posibilidades de ascender e oxalá teñamos unha tempada normal, sen parones e cun bo rendemento do equipo”.

¡Felices de poder seguir gozando do teu fútbol coa azul!

Check Also

Rosalía-InterRías ‘B’: volve a liga ao Municipal de Oira

Tras dúas saídas consecutivas e o parón da semana pasada, o noso equipo busca a …

Skip to content