Sabela amplía o seu contrato ata 2024

A defensa azul forma parte do primeiro equipo desde a tempada 2018/19 e continuará ampliando a súa experiencia durante as próximas campañas.

Sabela Meno Morais e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía chegaron a un acordo para a ampliación do contrato da defensa azul ata 2024, tres anos máis de vinculación do anterior contrato da barbadesa co noso club. Sabela, de 18 anos de idade, continuará ampliando a súa experiencia no club pontino.

A nosa xogadora chegou á disciplina do club en 2018 cando tiña 15 anos. Sabela formou parte do primeiro equipo desde o primeiro día e con traballo, esforzo e sacrificio afianzouse na liña defensiva logo de xogar máis adiantada en pasadas tempadas.

A xogadora azul mostrouse feliz trala súa renovación: “Estou moi feliz de renovar por tres anos máis, porque aquí o teño todo. Quero seguir gozando no campo e acadar xuntos os obxectivos que ansiamos”. “Significa outra etapa de obxectivos polos que loitar, ademais dunha ilusión engadida de seguir defendendo o escudo deste equipo”, añadió a defensa.

Próxima tempada
“Nesta nova tempada espero moito traballo por ambas partes, colectiva e individualmente. Creo que falo por todas cando digo que afrontamos este ano con ilusión e gañas de demostrar que podemos con todo o que se poña por diante, sobre todo, agárdanos unha loita continua por ascender, para acadar os nosos obxectivos truncados o ano pasado . Individualmente espero dar moito máis que o ano pasado e superar as miñas propias expectativas. Tamén teño a ilusión de poder funcionar en dúas posicións, como lateral e interior, e demostrar así que son unha xogadora versátil”.

Desde a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía desexámoslle o maior dos éxitos a Sabela Meno Morais nesta nova etapa.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido