Alba Rodríguez queda desvinculada da EFF Rosalía

Despois de catro anos no club, a directiva, adestradora e xogadora non continuará na EFF Rosalía a próxima tempada.

Punto final á etapa de Alba Rodríguez como rosalía. A eterna fundadora da escola desvincúlase do club tras catro anos nos que desempeñou todos os postos da institución. Alba, foi directiva, adestradora e xogadora. O traxecto da 11 azul estivo repleto de emocións. E así quedou patente na súa última tempada como rosalía, logrando coa axuda de Vane Abadín e Miguel Saa o subcampeonato da Liga Infantil Galega.

Alba Rodríguez márchase como o símbolo do Club. Xunto a Iván Alonso e Mario Gómez crean a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía en xullo de 2017. O primeiro desvincúlase esa mesma tempada e un ano máis tarde os outros dous fundadores, xunto a tres directivos máis crean o club como entidade independente.


Alba fixo o seu debut como adestradora do equipo de fútbol-8 a primeira tempada. Un ano máis tarde encárgase do Promesas “A” e debuta como xogadora no equipo senior. As suas dúas últimas campañas é a encargada de dirixir o equipo Infantil, logrando o subcampeonato o pasado xuño, logro que xa conseguira na súa primeira tempada como adestradora do Promesas “A”. Como xogadora, a centrocampista despídese despois de xogar un total de 35 encontros, nos cales saiu de inicio en 22 ocasións logrando un total de catro goles nas tres campañas que formou parte do equipo.

Desde todos os membros do club recoñécese o labor de Alba Rodríguez Vázquez todos estes anos, formando xogadoras e asesorando a chegada de novos técnicos e formadores, móstrandolle o seu agradecimiento pola sua profesionalidad, dedicación e paixón en todos estes anos, e polo que representa a súa figura para a Escuela de Fútbol Feminina Rosalía.

Ela sabe que está no corazón da febreazul e que a EFF Rosalía é e será sempre a súa casa. GRAZAS!!

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content