Rosalía-Arousana: A pola segunda consecutiva

As de Quique e Castro buscan a súa segunda vitoria na Fase Título (16:00h, sábado).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil xoga o seu segundo partido consecutivo en casa. As de Quique e Castro afrontan o partido correspondente á 8.ª xornada da Fase Título. O noso equipo, que no último encontro venceu ao Pastoriza, buscará o seu segundo triunfo consecutivo.

As pontinas, con estas xogadoras na convocatoria, arrincan a xornada na quinta posición con dúas vitorias, un empate e catro derrotas, a tres puntos do segundo clasificado.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Aline, Ainara, Candela Losada, Miriam
Centrocampistas: Andrea, Sabela, Lucía Carral, Lea, Esmeralda e Victoria.
Dianteiras: Sara, Sofía, África, Lurdes e Xiana.

Pola súa banda, Arousana é 4.º, cun partido menos e tentará sumar os tres puntos para achegarse ás posicións de podium. No seu último partido a domicilio empatou en Pastoriza, aprazando o seu partido fronte a Victoria ao día 13 a pasada xornada. O precedente da primeira volta se saldócon vitoria arousá por 3-2.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content