“Creo que as xogadoras van a sacar o partido para diante”,dixo o técnico.
Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía antes do último adestramento previo ao derbi ante o Arenteiro, correspondente á xornada 25 de Liga: “Son deses partidos que satisface xogar, que son moi interesantes. Un derbi sempre é moi interesante, amais no noso caso, que xa temos os deberes feitos en canto á clasificación e o rival aínda ten pendentes facelos. Vai ser un duelo moi interesante”.
Puntos importantes para Arenteiro
“Como ben se sabe, senón se sabe explico. Clasifican para o ‘playoff’ os cinco mellores primeiros e os dous mellores sextos. Daquela, por coeficiente dos seis grupos o Arenteiro non se clasifica ao non ter ese coeficiente, co cal ten que aspirar á quinta praza para clasificarse ao ‘playoff’, no seu partido ten que intentar ganar polo menos”.
Partido psicoloxicamente difícil
“Sempre que xogas contra excompañeiras hai un plus de responsabilidade, quero dicir que queres ganar, queres impoñerte e, creo que nese sentido, as xogadoras de noso equipo xa xogaron partidos tanto ou máis complicados psicoloxicamente ca este e están a responder ben. Eu confío plenamente nelas e creo que van a sacar o partido para diante”.
Rival
“Eu creo que un dos puntos fortes do Arenteiro é precisamente que é un rival forte no sentido que son intensas e no un para un están moi ben. Iso resólvese con velocidade de balón e disposición tácticas que intentaremos levar a cabo para contrarrestar. Está claro que ti, cando xogas un partido, tes que ter claro cales son os puntos fortes do teu rival e os puntos frouxos. Supoño, que no caso do Arenteiro, terán estudado os nosos puntos onde poden sacar máis proveito para intentar ganar”.
Recuperar efectivos
“Reafírmome nas palabras, nós temos a grande sorte, pola estrutura que ten o club, de poder dispoñer sempre dun número de xogadoras dunha calidade bastante alta. Non me preocupo nunca con quen podo contar ou con quen non podo contar, de entrada ata o domingo poden pasar moitísimas cousas. Por poñer un exemplo, o domingo pasado á última hora da mañá unha das xogadoras da convocatoria amenceu con febre. Así que eu son dos que pensa que un adestrador ten que saber o que ten e a partir do que ten xogar as bazas e adaptar todo en canto ás xogadoras que ten. Está claro que cunhas determinadas xogadoras podes facer cousas e con outras determinadas xogadoras podes facer outras. Eu nunca voto en falta a ninguén e sería unha falta de respecto para as que están”.
Espiñedo
“Oira ten 102×61 e Espiñedo ten 105×68, é un chisco máis longo e bastante máis amplo. Para un equipo das nosas características iso favorécenos, somos un equipo que xogamos mellor canto máis grande sexa o campo. Outra cousa é como nos vai ir en campo de herba natural, nese sentido non adestramos en campo de herba natural e todo o mundo sabe que, por exemplo, a nivel de deslizamento do balón as velocidades son moi diferentes, pero xogamos nas mesmas condición porque Arenteiro, a pesar de ser o seu propio campo, creo que é a segunda vez que van a disputar un partido alí e non sei se teñen adestrador en herba natural, pero as circunstancias son as que son e hai que xogar. Evidentemente, téñoas en conta para o partido”.
Factor para ganar
“Quen meta máis goles”