Rosalía-Arousana: o infantil quere asegurarse o pase á fase final

As de Alba, que marchan líderes, dependen de si mesmas para pasar á Fase Final (10:30 h, Monte da Aira).

Choque trascendental para a EFF Rosalía Infantil, que recibe ao Arousana (10:30 h, domingo) no encontro correspondente á cuarta xornada da segunda fase da competición. As de Alba, que son líderes, atópanse a unha vitoria de asegurar a súa participación na Fase Final de Liga Infantil Galega. No caso de que o infantil azul some un punto, tamén se clasificaría si o partido entre o Arousana e o Victoria da seguinte xornada termina en empate.

O “filial” azul chega a esta cita tras vencer a pasada xornada por 4-1 ao Vitoria CF, segundo deste subgrupo. Para lograr o billete á seguinte rolda, o infantil deberá facer gala da súa forza ofensiva, xa que é o segundo equipo máis goleador da súa Liga (7 tantos), pero tamén destaca no apartado defensivo, ao recibir soamente 1 gol.

Alba Rodríguez destacou en declaracións aos medios do club que “a vitoria é importante porque asegurámonos un primeiro posto neste segundo grupo o que nos permite gozar dunha fase final que tanto se merece este grupo de nenas”. Un grupo que fai dous anos clasificouse á fase final da 1ª Liga Promesas “Sería un premio para este equipo que demostra cada fin de semana a implicación neste club e fannos gozar cada xornada desde o campo co seu xogo. Como adestradora non podo estar máis orgullosa de todas elas individualmente e do que son como equipo”, afirmou a técnico.

Sofía, Carballo e Antía durante un adestramento da semana.

16 xogadoras foron citadas para o partido do domingo no Monte da Aira:
Porteiras: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Laura Añón, Silvia, Sofía e Lucía Novoa.
Centrocampistas: Sara Bonjoch, Candela Bouzas, Nair, Ester, Candela Currás, Sara e Cuquejo.
Dianteiras: Nerea, Victoria y Claudia Castro.

Atlético Arousana
O rival do infantil é terceiro pero sen opcións de clasificarse para a Fase Final. De feito, o Arousana aínda non puntuou nesta segunda fase. O último precedente entre ambos equipos o pasado 9 de maio acabou 0-3 no Campo de fútbol de Berdón.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content