Saa: “O Milagrosa foi o que mellor xogo tivo contra nós”

“Realmente temos unha plantilla na que podes sacar calquera once e compítelle a calquera rival, declarou o técnico.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa da EFF Rosalía despois do último adestramento previo ao Rosalía-Milagrosa, correspondente á oitava xornada de Liga (domingo, 12:00 h, Monte dá Aira): “A idea para estes dous partidos é seguir coa liña que levamos ata o de agora, mellorando no xogo, que o equipo vaia collendo automatismos e pouco a pouco ir crescendo como equipo”.

“Non miramos, de momento, cara o playoff, imos a xogar este fin de semana coa Milagrosa e seguir na liña na que estábamos”.

Seguir competindo
“Eu tampouco vexo como facer para non competir. Realmente temos unha plantilla na que podes sacar calquera once e compítelle a calquera rival. Ademais, as xogadoras que teñen máis minutos van querer seguir nesa liña e as que que están contando con menos van querer aproveitalos. Polo tanto, non creo que haxa ningún baixón de intensidade nin de motivación cara estes dous partidos”.

Último partido no Monte da Aira
“Pode afectar non xogar a semifinal na casa pero non creo que mañá estean pensando niso demasiado. Si que pode darse esa casualidade, xa o temos comentado en outras ocasións, non nos parece moi xusto que nos playoffs se dispute a semifinal no campo que toque, por iso podería ser o último partido na casa”.

Milagrosa
“Ao final o fútbol é así de raro e de predicir porque, sen dúbida, o Milagrosa foi o que mellor xogo tivo contra nós, que máis nos sorprendeu, que ten xogadoras de mais calidade e non se pode entender que estean de últimas clasificadas. De feito, eu sempre pensei que ían a estar loitando por ser o mellor segundo”.

Pichichi
“Realmente é algo no que parece que elas se fixar un pouco, pero temos que mirar polo ben do equipo e da igual quen marque xa que, ao final, os goles son do Rosalía, non levan o nome das xogadoras, senón que participamos todas da acción. Deberían pensar no ben común e esquecer das cousas individuais”.

Polémico postpartido
“Xerouse unha polémica da nada, posto que en ningún momento poderán sacar ningunha declaración, ningún comentario noso tornandoas de peores ou mellores que ninguén. Ao final, hai que ver as palabras que dixemos nas previas de todos os partidos nos que nos si tratamos con respecto a todas as rivais porque así ten que ser. Realmente, non sei, eu penso que foros escusas de malas perdedoras, non outra cosa”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content