As promesas venceron ao Umia CF a domicilio

Convocatoria da EFF Rosalía Promesas en Barrantes.

Non fixeron o mellor dos partidos as nosas promesas en terras de Barrantes, a longa viaxe debeu de despistar demasiado ás nosas xogadoras que en ningún momento se sentiron cómodas sobre o verde do Salnés. A nosa adestradora María Feijóo destacaba para a nosa web: “Non brilamos como en outras ocasións, as xogadoras estaban como perdidas, durmidas e mesmo tardaban en reaccionar cando en outras ocasións sabían perfectamente que facer. Comezaron moi enchufadas pero co paso dos minutos foron caendo nun xogo moi parado, cometendo erros dos que o equipo rival tentou aproveitarse, pero ter a Iara baixo os paus da moita seguridade”.

As nosas nenas teñen unha semana por diante para preparar a visita do líder, a UD Mos. Seguro que se deixarán a pel en tentar a clasificación para a fase final e que tanto María Feijoo, como Miguel Saa ben seguro queren acadar para que as nosas peques poidan vivir a experiencia.


Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content