Empate do ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’.
Novo ano e novo fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos representantes na Liga Cadete. Os únicos con competición da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía. Empate do ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’.
EFF Rosalía ‘Azul’-CD Valladares (1-1)
As nosas empataron a un fronte ao CD Valladares o pasado domingo no Municipal de Oira un partido que non tivo controlado ningún e que puido incluso gañalo calquera dos dous equipos. Os primeiros vinte minutos caracterizáronse por moito xogo no centro do campo sen ocasións claras, a primeira tívoa Paula Armada e significou o 0-1 a favor das visitantes. A mediapunta fai un pase en profundidade a Alba e o remate da dianteira despéxao Karla pero o esférico termina aos pés de Paula, que o envía ao fondo da rede. Nove minutos despois, Paula Ramos, que entrara ao campo, tentou sorprender á gardameta local cun tiro dese fóra da área que Karla bloca sen problemas, preámbulo do empate das nosas. Un erro na saída do balón das centrais visitantes aprovéitao Xiana para colocar un balón pegado ao pau e empatar o encontro. Despois duns vinte minutos sen ocasións, o últimos vinte foron de tensión para ambas as gardameta. Tres minutos despois da media hora de xogo, Paula Armada xera o perigo desde o sector esquerdo e a súa asistencia ao segundo pau remátaa Valeria fose. A resposta local chegou desde a dereita cun disparo de Irene que Paula González detén.
O ritmo mantívose na segunda metade, pero sen ocasións claras, salvo a de Paula Armada, que tras unha recuperación tenta sorprender a Karla, ben colocada, bloca. De aí ata o final, tensión pola igualdade nun marcador que xa non se movería ata o asubío final.
UmiaCF-EFF Rosalía ‘Amarelo’ (1-0)
O combinado dirixido por Javier Alonso non puido empezar da mellora maneira o ano 2024 ao volver de Ribadumia sen puntos na primeira xornada do ano. As nosas perderon pola mínimo cun gol de Alejandra Saso ao bordo da hora de xogo no encontro disputado na Bouza. Con esta vitoria, así locais sitúanse cuartas, mentres as pontinas son novenas con 22 puntos.