Rosalía-Chantada na primeira rolda dos playoff de ascenso a primeira

A eliminatoria, a partido único, xogarase o 21 de maio ás 12.00 h no Municipal de Oira.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía enfrontarase á SD Chantada na primeira rolda dos playoff de ascenso a Primeira División Autonómica tras o sorteo celebrado na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela. A eliminatoria, que se disputará o 21 de maio ás 12.00 h, será a partido único no Municipal de Oira na Ponte.

En caso de gañar, as pontinas terían enfronte ao gañador da eliminatoria entre Puentearnelas e Silva, que determinará o seu rival na segunda rolda da competición. Esta eliminatoria terá lugar o 28 de maio no Municipal de Oira.

Vídeo: Momento do sorteo coa nosa eliminatoria.

Chantada
O conxunto chantadino terminou quinto no subgrupo III rematando a fase regular con 47 puntos. Nos 26 partidos que disputou ata o momento, o Chantada logrou un balance de 14 vitorias, 5 empates e sete derrotas. O rival do noso equipo chega á eliminatoria enlazando catro partidos invicto do últimos cinco.

Emparellamentos da primeira eliminatoria para os playoffs de ascenso a Primeira División Autonómica:
Sporting Meicende-Galicia Caranza
CD Pontellas-UD Carral
SCD Pastoriza-Porriño Industrial
SD Touro- SE Abellas SDEC
Atl. San Pedro-CF Dumbría
Unión Campestre-Viajes InterRías ‘B’
SR Calo-UDJ Almeiras
Domaio CF-SpC San Mateo
Umia CF ‘B’-CD Arenteiro
SD San Lázaro-SDC San Roque
PM Friol ‘B’-Brexo Lema SD
Xallas FC-Eirís SD
Lóstrego CF ‘B’-EFM Concello de Boiro
UC Cee-Cacheiras SD
EFF Rosalía-SD Chantada
SD Puentearnelas-Silva SD

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content