1-2: Sufrida vitoria

O Cadete suma a súa segunda vitoria consecutiva ante o Órdenes na 7.ª xornada da segunda fase.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete venceu este sábado por 1-2 ao Órdenes nun partido no que sufriu para manter unha apreciada vantaxe grazas aos goles de Nair e Miriam na segunda metade do encontro.

As de Alberto Tamallo, que tiñan a opción de escalar postos na táboa clasificatoria, non desaproveitaron a oportunidade na súa visita ao pechacancelas. Un partido que non se resolveu ata a segunda metade, onde Nair adiantaba ás azuis aos 56′ minutos de xogo. Sete minutos despois, Miriam aumentaba unha vantaxe que acurtaban as locais coa diana de Lorena.

Tres puntos moi importantes para encadear dúas vitorias consecutivas despois de moitas xornadas. A próxima fin de semana, as pontinas recibirán ao Bergantiños, o inmediato perseguidor das nosas a dous puntos de distancia.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content