Rosalía-Bergantiños: penúltima xornada da competición

O noso equipo Cadete, co cuarto posto asegurado, recibe no Municipal de Oira ao terceiro (18.00 h; A Ponte).

Penúltimo partido para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete, que recibe ao Bergantiños en busca da terceira vitoria consecutiva. O terceiro e cuarto clasificado do Grupo D enfróntense no que será o último encontro no Municipal de Oira.

O noso equipo, con estas xogadoras na convocatoria,

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Portera: Paula.
Defensas: Noa Sanz, Lucia Novoa, Alma, Miriam, Irene e Candelita.
Centrocampistas: Nair, Antía, Blanca, Xiana e Lucía Torres.
Dianteiras: Sanmiguel, Tegra, Aitana e Clau.

afronta o duelo tras sumar os tres puntos fronte ao Órdenes a domicilio. Este triunfo permitiu asegurar matematicamente a cuarta posición a falta de dúas xornadas. As de Tamallo teñen ao seu alcance a segunda praza, obxectivo do que depende de se mesma ao xogar as dúas últimas xornadas contra os seus dous predecesores cun punto de diferenza.

O rival
O Bergantiños visita o noso feudo coa súa praza en xogo cun balance de 5 vitorias, 1 empate e 1 derrota. A súa xogadora máis perigosa é Carla Álvarez con 4 dianas en cinco partidos e chega ao partido de mañá despois de vencer 0-2 na Tasca-Aguiño.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Derrota do equipo ‘Amarelo’ e partido adiado do ‘Azul’ na súa viaxe a Valladares.Penultima xornada …

Skip to content