Rosalía-Monteforte: primeira das tres finais polo campeonato do Grupo E

As azuis levaríanse o campionato en caso de lograr a vitoria no “derbi da N-120” (16:00 h, domingo).

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía ten esta tarde a primeira oportunidade de proclamarse campiona do Grupo E. Para conseguilo terá que gañar ao Monteforte (16:00 h, Escolapios) no encontro correspondente á 7ª xornada do campionato, que se disputará no campo de fútbol Alex Blanco II.

Inmersas nunha espectacular racha de cinco triunfos consecutivos, as pontinas queren sumar esa sexta vitoria que lles permita conquistar o título de honor a falta de tres xornadas. Unha das claves para superar ao Monteforte será manter o bo nivel que está mostrando o equipo a nivel defensivo, onde se mantén invicto en Liga e non encaixou un gol nos cinco encontros da competición.

Na roda de prensa previa á cita, Saa referiuse á actitude coa que o equipo está preparando os encontros: “O equipo está moi ben. A verdade é que últimamente levamos un mes moi bo, estanse adestrando mellor, asistindo máis aos adestramentos con moi bo ambiente, moito esforzo e estamos moi contentos co grupo en xeral e elas mesmas, ainda que vos partidos vos vaias sacando adiante, digamos cunha maneira bastante holgada, están a esforzarse ao máximo igualmente”. E para un partido tan decisivo como este, o técnico convocou a 15 futbolistas. Entre elas, atópase Zaira e Noui, que suman 25 dianas en Liga tras senllos hat-tricks ante o Lalín e debuta nunha convocatoria esta tempada, María Feijóo.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Isis, Sabela, Feijóo e Bea.
Centrocampistas: Lidia, Patricia, Aida, Noa Fírvida, Ainara e Aldarita.
Dianteiras: Noui, Silvia e Zaira.

Monteforte
O conxunto de Ramón Sánchez chega ao encontro na segunda posición, co obxectivo de achegarse a tres puntos das pontinas na táboa. Laura Correas, con 4 tantos en Liga, é a súa máxima goleadora.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido