Rosalía-Victoria: Primeira das catro finais para chegar á fase final

O equipo buscará os tres puntos no Monte da Aira para seguir loitando polo primeiro posto (12:00 h; domingo).

Con todo en xogo, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil xoga o domingo no Monte da Aira para enfrontarse ao Vitoria CF “D” na xornada 3 da segunda Fase (12:00 h). Será a primeira das catro finais que quedan na disputa polo primeiro posto do Grupo 3º, e para seguir no liderato é necesario sumar os tres puntos. O camiño para conseguilo é poñer a mesma actitude que a primeira xornada: non renderse e intentalo ata o final.

O obxectivo é dar en Velle o primeiro paso en forma de vitoria nunha xornada na que o noso equipo xógase o primeiro posto do grupo, xa que en caso de vitoria das coruñesas, serán elas as que dependan de si mesmas para lograr o pase á fase final como primeiras de grupo. A dinámica do equipo este ano é de 3 vitorias, 1 empate e 1 derrota nos cinco partidos disputados esta tempada e fronte ao Vitoria aínda non conseguiron sumar, ao perder a tempada pasada os dous partidos disputados entre ambos, 3-1 en Coruña e 1-2 no Monte da Aira.

“Partido importante para seguir mantendo a posición contra un equipo ao que nos enfrontamos moitas veces e todas elas cun bonito partido”, dixo Alba na previa ao encontro. A técnico non poderá contar con Candela Currás e Lucía Novoa nunha convocatoria na que si está Ester, que marcou o tanto da EFF Rosalía a tempada pasada no Monte da Aira.

Ester e Claudia Castro celebran o gol da primeira a pasada tempada.

Convocatoria
Porteira: Valeria.
Defensas: Silvia, Lucía Pérez, Laura Añón, Antía, Noa Sanz
Centrocampistas: Xiana Carballo, Cuquejo, Sara Rodríguez, Nair, Sara Bonjoch, Ester e Candela Bouzas.
Dianteiras: Claudia Castro, Nerea e Victoria.

Rival
O rival das azuis terminou segundo no Grupo 1º da Liga Galega Infantil cun balance de 2 vitorias e 2 derrotas. A pasada semana lograron os tres puntos en casa (6-2 fronte ao Arousana) e están segundas na táboa a un punto das pontinas.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content