Rosalía-Pastoriza: segundo partido en 7 días no Seixo

As de Castro reciben ao Pastoriza na quinta xornada da Fase consolación (16:00h; Municipal de O Seixo).

Segundo compromiso ligueiro da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía en sete días en casa. Tralo triunfo do sábado contra Xuventude de Crendes no partido da pasada xornada, o Municipal de O Seixo acolle nesta ocasión un duelo contra a Sociedade Cultural Deportiva Pastoriza na cuarta xornada da Fase Consolación (16:00 horas). As de Castro tratarán de dar continuidade ao seu bo momento ofensivo para sumar tres novos puntos.

As pontinas acumulan en O Seixo un balance de 5 vitorias, 1 empate e 2 derrotas esta campaña como locais, aínda que nesta fase non coñecen a derrota como locais. Pola súa banda, Pastoriza comeza esta xornada na 6ª posición con 3 puntos logrados fronte a Tomiño. O seu balance esta campaña é de 2 vitorias, 1 empate e 13 derrotas, das cales 1 vitoria e 3 derrotas corresponden á fase actual.

O técnico citou para o partido de esta tarde as seguintes 16 xogadoras:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Aline, Ainara, Aitana e Noa Sanz.
Centrocampistas: Sara, Xiana Carballo, Alma, Nair, Lucía Torres e Blanca.
Dianteiras: Antía, Victoria, Candela Sanmiguel, Irene e Candela Losada.

O encontro estará dirixido polo colexiado do Comité técnico ourensano, Yago Domínguez Del Pino.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content