Remata a 1ª fase para nosas Promesas

Os dous representantes da EFF Rosalía na Liga Promesas rematan a 1ª fase en casa fronte a Caldas e Arousana.

Toca ao seu fin a primeira fase da Liga Galega Promesas coa disputa da 22ª xornada de competición. Os nosos dous participantes exercerán como anfitrións fronte a Caldas e Atlético Arousana no Municipal de Oira.

EFF Rosalía-Caldas CF (12:00h; sábado)
As de María Feijóo, que enlazan tres partidos sen coñecer a derrota, terán en fronte ao oitavo clasificado, Caldas CF, con 16 puntos. Nosas rivais o domingo intentarán despedir esta primeira fase con bo sabor de boca logo de catro derrotas consecutivas. Pola súa banda, as azuis intentarán seguir a boa liña demostrada nos último encontros.

EFF Rosalía ‘B’-Atlético Arousana (11:00h; sábado)
Peor rival terán as pupilas de Javier Alonso, un Atlético Arousana que necesita a vitoria para afianzar o segundo posto. Para as nosas, que cada partido adquiren unha experiencia máis de face ao futuro, será un encontro para seguir mostrando no campo o adestrado durante a semana.

Ambos partidos terán como ‘xuíz’ ao colegiado Ibrahima Khoule Ndyaye Thiam, do colexio ourensano.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content