Tobaruela: “Estiveron enormes en intensidade e nivel competitivo”

“Coido que foi un partido moi igualado e o empate é o resultado máis xusto despois do que se veu non terreo de xogo”, declarou o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu ante os medios de comunicación e analizou o empate da Escola de Fútbol Feminina Rosalía contra o Lóstrego “B” no partido aprazado da xornada 18: “Coido que foi un partido moi igualado e o empate é o resultado máis xusto despois do que se veu no terreo de xogo. Nós non puidemos desenvolver o plan de partido previsto. Queriamos ter o balón e a partir de aquí intentar impoñer o noso modelo de xogo, pero as rivais non nos deixaron.

“A súa presión foi moi alta e non soubemos reaccionar neste sentido. Por momentos, os poucos minutos que o balón foi claramente  noso, veuse que eramos máis perigosas. Para min, aí estivo a clave do partido”.

Moita presión
“Eu penso que non, as xogadoras estiveron concentradas os noventa minutos e non baixaron os brazos en ningún momento. Esa foi a miña impresión e creo que non estou errado. Neste sentido estou moi contento, polo ritmo alto e a intensidade coa que xogou o equipo”.

Baixou a intensidade na segunda metade
“Desde o meu punto de vista as xogadoras estiveron competindo con intensidade durante todo o partido. Está claro que conforme pasan os minutos o cansanzo pasa factura, mais creo que este “cambio de ritmo de partido” despois do descanso foi porque os dous equipos fixemos variacións tácticas e iso influiu no desenvolvemento do encontro”.

“Foi un partido no que ningún dos dous equipos foi capaz de impoñer o seu modelo de xogo”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía sénior

Empate
“Cando un partido é tan equilibrado como o que xogamos, pode ser que o equipo que se adianta no marcador acabe gañando. Adiantámonos nós pero elas empataron en poucos minutos. Foi un partido no que ningún dos dous equipos foi capaz de impoñer o seu modelo de xogo”.

Miriam e Victoria
“Deixei sen xogar a Victoria e a Miriam, dúas xogadoras infantís que están axudando ao equipo. Falei con elas ao remate e díxenlles que o partido non estaba para elas. Cando fas xogar a unha xogadora nova nunhas circunstancias moi adversas pode ser contraproducente para elas. O importante é falar e explicar ás xogadoras que finalmente non xogan o porque da decisión.

¿Qué lle dixeches ás xogadoras?
“Claro e conciso: non levamos ao cabo o control de partido a través do balón, que como xa dixen era o noso obxectivo, pero que estiveron enormes en intensidade e nivel competitivo. Cando sexamos capaces de sumar as dúas cousas, seremos moi  difíciles de batir. Tempo ao tempo. O equipo é moi novo e ten unha proxección moi grande”.

Rematar segundas
“Sigo pensando unicamente e exclusivamente no noso equipo. Con este empate é moito máis complicado quedar segundas. Nestas circunstancias, o mellor e máis aconsellable é centrarse no partido contra o Cañiza deste domingo e despois na preparación da primeira eliminatoria da fase de ascenso”.

Moreira atento ao xogo no banquillo do Municipal de Oira.

O técnico visitante, Andrés Moreira atendeu á web do club unha vez terminado o partido: “Foi un partido disputado. Na primeira parte estivo bastante igualado, o resultado así o demostrou e na segunda parte, creo que puidemos merecer un pouquiño mais, houbo unha xogada polémica ao borde do área, tivemos un longueiro e algún man a man no que perdoamos. Ao final, 1-1 e ímonos coa sensación de que puidemos conseguir un pouco mais”.

Partido con moita tensión
“Si. A distancia na clasificación entre os dos era de dos puntos, o que ganara poñíase por diante e nós, se gañabamos, xa deixabamos a Rosalía sen opcións de quedar terceiras. Ademais, nós rogamos con Mos na última xornada, un equipo difícil”.

Calquera detalle pesaba cara o resultado
“Na segunda parte mereciamos mais pero o partido puido decidirse por un mal despexe, unha pequena xogada, un balón que sobrepasou a defensa e tivo que estar moi atenta a porteira, realmente puido pasar calquera cosa”.

O gañador do partido, Peñasco
“Xogamos este partido a esta hora porque eles quixeron, a nós fastidiounos bastante porque tivemos dúas baixas que non puideron estar e Rosalía tamén. A eles o que mellor lles veu foi o empate. Agora xa somente queda a opción de gañar nós e que elas perdan, pero a cousa está complicada”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content