Rosalía-San Pedro: a polo ascenso en Oira

O noso senior, que perdeu 1-0 no Viñás, afronta o partido de volta no municipal de Oira (domingo, 12.00 h; YouTube EFFRosalía).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta mañá domingo o partido máis importante da tempada. O conxunto pontino recibe ao Atlético San Pedro no campo municipal de Oira no encontro de volta da fase de ascenso a 3ª Federación. A eliminatoria chega aberta tras o 1-0 da ida en Iñás, decidido por un gol de Alba Martínez no primeiro minuto.

O precedente máis recente entre ambos os equipos no campo municipal de Oira foi o pasado 26 de abril, na xornada 26 de liga, con vitoria do San Pedro por 0-2. Aquel resultado, unido ao 1-0 da ida desta eliminatoria, converte o partido deste domingo nunha cita de máxima esixencia para as ourensás.

O conxunto azul buscará darlle a volta ao resultado ante a súa afección e pechar o curso co premio do ascenso. O equipo chega á cita despois de asinar unha gran fase regular, na que terminou segundo con 69 puntos, 69 goles a favor e só 22 en contra, sendo o conxunto menos goleado da competición. En Oira, ademais, presentou uns números moi sólidos: 12 vitorias, 2 empates e só 1 derrota como local.

“Chegamos con moito ilusión e con plena confianza no traballo do equipo”, Alberto Tamayo

Alberto Tamayo, en declaraciones a nosa web, valorou a importancia do partido e o papel que pode xogar Oira nunha eliminatoria decisiva: “Chegamos con moita ilusión e con plena confianza no traballo do equipo. Sabemos que temos que remontar, pero tamén sabemos o fortes que somos en Oira”. O técnico destacou a necesidade de manter a calma e competir con cabeza durante os noventa minutos: “Non podemos xogar o partido con ansiedade. Temos que ser fieis ao que nos trouxo ata aquí: orde, intensidade, personalidade con balón e moito concentración nas áreas. A eliminatoria está viva e imos pelexala ata o final”.

“Este equipo gañouse vivir un día así. Queremos que Oira aprete, que estea coas xogadoras desde o primeiro minuto e que entre todos creemos o ambiente que merece unha final polo ascenso”, destacó o técnico nunha mensaxe clara para a afección.

CONVOCATORIA

Rival
O Atlético San Pedro chega a Oira con vantaxe mínima na eliminatoria e cunha dinámica moi positiva. O conxunto de Virgina Del Río finalizou terceiro na liga regular con 67 puntos, só dous menos que noso equipo, e destacou pola súa capacidade ofensiva, con 86 goles a favor. No apartado goleador, Joana Montouto é unha das súas principais referencias con 20 goles, mentres que Alba Martínez alcanza os 16 tantos tras sumar o gol conseguido no partido de ida. Tamén destaca Miranda Suárez, con 15 goles.

Unha final polo ascenso
O partido disputarase este domingo 14 ás 12.00 horas no campo municipal de Oira. O encontro será retransmitido pola canle de Youtube do club no seguinte enlace:

A eliminatoria decidirá que equipo logra o ascenso a 3ª Federación. Oira terá a última palabra.


Check Also

1-0: Rosalía buscará a remontada na volta

Derrota pola mínima ante o San Pedro cun gol no primeiro minuto de xogo de …

Ir o contido