Rosalía-Sárdoma: Duelo no cumio en Oira

O noso Cadete, que é segundo, recibe ao primeiro da clasificación (10.30 h, RosalíaTv-Youtube).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete recibe a unha esixente visita no Municipal de Oira na 3.ª xornada da 2.ª Fase da liga Galega Cadete (10:30 h, Rosalía TV-YouTube). O Cadete enfróntase ao Sárdoma nun partido co primeiro posto da clasificación en xogo. As de Tamayo arrincaron a xornada segundas cos mesmos puntos que o seu rival de mañá, despois de golear en Lugo este luns por 0-4 á SCD Milagrosa.

As pontinas buscan a terceira vitoria nesta parte do campionato. Para iso, será clave o apartado defensivo, no que o Cadete é o equipo menos goleado do subgrupo D con 1 tanto, o encaixado fronte a San Mateo na primeira xornada.

Sárdoma
O noso rival presenta un balance na competición ligueira de 2 vitorias e 0 derrotas. Un dos puntos máis fortes do Sárdoma é o apartado ofensivo, onde encadea un balance de 12 de 16 partidos anotando polo menos un gol. No precedente da primeira fase, as nosas empataron nas Relfas (2-2) e perderon en Oira (2-4) no último partido da primeira parte do campionato.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content