Tobaruela: “Temos que ser capaces de solventar calquera situación que se dea no campo”

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao encontro ante San Roque, correspondente á xornada 22 de Liga, que se xogará no Municipal de Oira (domingo, 12.00 h; RosalíaTv Youtube): “Estamos nas mesmas que despois do parón por descanso obrigatoria na Liga porque somos un grupo impar e agora Semana Santa polo medio e volver a comezar. Este parón é un pouco máis grande porque houbo mais días festivos polo medio e adestramos un pouquiño menos”.

“Toca reiniciar e eu sempre pensó que todos os equipos partimos do mesmo, descansan en Liga, ainda que San Roque creo que xogou a Copa que cogan na súa zona, non estou seguro”.

Clasificación matemática ‘playoffs’
“Se quitamos un punto xa estamos clasificadas matemáticamente, pero creo que sairemos polos tres puntos e, nese sentido, creo que quedan cinco partidos na recta final da Liga moi interesantes e o ‘playoff’ por diante”.

“A proposta é nós seguir ao noso, xogar”

PERE TOABRUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Rival rocoso
“Teño que facer una reflexión sobre eso. Tennos pasado noutros partidos, eu podo decir que é un equipo intenso, un equipo que xoga duro, pero hai unas liñas bermellas que hai que ter en consideración e hai veces que equipos as saltan. A reflexión que facemos é quen xulga eso e quejn permite que iso pase. Entón, alí cando fomos a San Roque, experimentamos esa dureza bastante ben xa que algunas xogadoras remataron marcadas. A proposta é nós seguir ao noso, xogar e quen teña que xulgar a contenda tome medidas ou non tome medidas. Nós xogamos un tipo de fútbol que nos caracteriza polo xogo limpo e a partir de aquí a intentar sácalo adiante”.

Tipo de partido
“Cando xogas contra equipos de Vigo hai outro compoñente que hai que ter en consideración, son equipos con planteis moi curtos e cando teñen que viaxar sempre acaban xogando a un nivel peor que na casa. Con isto non quero decir absolutamente nada, remítome á preguntar anterior, imos a xogar cun tipo de xogadoras que van a estar fechadas atrás, que van a empregarse con contundencia e nós temos que saber solventar iso. O que está claro é que de aquí a final de temporada, xa non digo de Liga senon tamén do playoff, temos que ser capaces de solventar calquera situación que se dea no campo e estamos adestrando para iso”.

Seguintes partidos
“Estes rivais que teñen que vir e xa iremos falando polo miudo de cada un deles, do que é xogar contra eles. Son rivais que van a estar xogando os puntos para asegurar a sua clasificación no playoff de ascenso e non se trata simplemente de asegurar estar no playoff de ascenso. Este ano hai una remodelación da segunda división, crease una terceira e os equipos que se clasifican para o ascenso teñen ese premio engadido de que teñen moitas posibilidades de permanecer en segunda, non descender. Entón eses equipos, supoño serán conscientes diso e virán a xogar as suas cartas e facer os seus números”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido