Rosalía-Victoria CF, en semifinais da Liga Infantil Galega

A partido será no Monte da Aira o 20 de xuño ás 12:15 h a partido único.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfrontarase ao Vitoria CF nas semifinais da Liga Infantil Feminina Galega tralo sorteo celebrado na sede da RFGF o pasado luns. A eliminatoria será a partido único e xogarase en Monte da Aira o domingo 20 de xuño ás 12:15 h, mentres que a outra semifinal enfrontará a Umia e Orzán. A final disputarase o 26 ou 27 de xuño nunha sede única designada pola Federación.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía foi o mellor primeiro clasificado a nivel galego da Liga Infantil, cun balance de 3 vitorias e unha derrotas, devido á inxusta norma de deportividad da RFGF desta tempada, xa que Umia e Orzán clasificáronse con mellor balance (4 vitorias e cero derrotas). Pola súa banda, o Vitoria CF, que xogou no mesmo grupo que as azuis, terminou segundo na primeira fase da competición cun punto menos que o noso equipo. Na segunda fase enfrontáronse en dúas ocasións con vitoria das pupilas de Alba Rodríguez e Vane Abadín no Monte da Aira. O último compromiso entre ambos equipos na Coruña acabou con vitoria das locais por 4-2. Sobre o rival, Alba móstrase clara: “Xogamos contra un equipo co que temos un balance de un partido gañado e outro perdido nesta liga, onde creo que non existen favoritos, pero que si que o factor casa benefícianos”.

Enfrontamentos de semifinais:
EFF Rosalía-Vitoria CF
Umia CF- Orzán SD

Convocatoria
O corpo técnico decidiu convocar a todas as xogadoras para o partido, aínda que finalmente só poderán estar 16 sobre o céspede do Monte da Aira.

As azuis contan cun plantel afeito aos éxitos, xa que o grupo “forte” do equipo xa foi subcampión da primeira edición da Liga Promesas fai dúas tempadas. “É un grupo de xogadoras de moitísimo nivel, que progresan cada día. Sen dúbida un grupo con moitísimo potencial si puidesen seguir traballando xuntas”, comentou a técnica. Á hora de analizar o partido do domingo, Alba Rodríguez mostrouse ilusionada en declaracións á web do club: “Temos moitas ganas desta semifinal, e de acabar esta tempada atípica cun bo sabor de boca. O equipo vai saír ao 200% para intentar conseguir os 3 puntos, tanto aquelas que están no campo como o resto de equipo desde fóra”.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content