Termina a Liga Promesas 2020/21 para a EFF Rosalía

O noso equipo termina o campionato sen opcións de clasificarse á Fase Final (11:00 h; Monte da Aira).

Chegou o final. O domingo dispútase o último partido de Liga e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía termina unha tempada marcada polo covid. O equipo recibe no Monte da Aira ao Valladares (11:00 h) e a consígna está clara: pasalo do mellor xeito.

As máis pequenas do clube, ca terceira praza do grupo xa asegurada terán como obxectivo despedirse da afección gozando ante as amigas do Valladares, club, que desde a creación da EFF Rosalía, sempre nos axudou a crecer. Remata unha tempada atípica para o Promesas, que por problemas ocasionados pola pandemia non puido facer captación de xogadoras nos meses clave e quedouse cun plantel excesívamente longo para un só equipo, pero insuficiente en número para seguir a liña das duas últimas tempadas con dous equipos. Eso fixo de Feijóo e Miguel tiveran moitísimas dificultades para elaborar adestramentos de nivel para toda a plantilla xa que a gran diversidade de idades e niveis dificultaba a tarea.

Os adestramentos continuarán ata final de mes.

O partido contra o Valladares servirá para que as máis pequenas continuen coa sus formación competitiva pero sen a auto presión de gañar e como preámbulo ás semifinais que disputarán as súas compañeiras do equipo infantil. Será o final da competición pero non dos adestramentos, estos rematarán o 30 de xuño cunha espectacular despedida en forma de festa por todo o alto no Monte da Aira de Velle.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content