Saa: “Sabemos que agora xa non temos marxe de erro”

“A día de hoxe, nin dende o plantel, nin dende o corpo técnico estamos pensando no ascenso”, explicou o adestrador azul.

Miguel Saa compareceu nunha roda de prensa telemática na previa do Rosalía-Umia (domingo,18:00 h; A Bouza). O técnico azul comentou: “O equipo, ao final, está con toda a ilusión do mundo. É certo que o ano pasado xogaron contra o Umia, tanto as xogadoras como dende o club dinnos que foi un dos partidos máis reñidos da pasada temporada”.

“Un rival con bo xogo, con xogadoras experimentadas, é un filial que sempre pode tirar de arriba. Afrontámolo con toda a ilusión do mundo, sabemos que si queremos conseguir algo mais grande temos que empezar por facer un bo partido este domingo”.

Partido único
“Díxeno dende o primeiro día, paréceme que o sistema non era o mais adecuado, había moitas formas pero cada un daría unha cousa diferente. Os descensos, os campionatos de Liga deberían premiar a regularidade e este tipo de torneos, a eliminatorias, que nun día poidas perder todo son mais típicos de Copas ou de torneos de ese estilo pero é así, xa o sabíamos dende o principio. Sabemos que agora xa non temos marxe de erro, como podemos ter nalgún partido de Liga. Entón, concentradas, traballando e dar todo o que temos”.

Sorteo
“Sabíamos que podía pasar. Estaba en todas as quinielas que había dous pesos pesados que non ían a estar do mesmo lado do cadro e ao final ninguén se equivocou, Lóstrego por un lado e Bergantiños polo outro. Sabiamos que non se ían a enfrontar nunca. Tocounos dese lado como nos podía tocar do outro, pero en definitiva temos que competir e gañar a calquera se queremos lograr algo”.

Ritmo competitivo
“Realmente chegamos nunha situación similar pero, si que creo e falo sen saber, que elas temen unha posibilidade de haber xogado moitos mais encontros disputados. Por exemplo, o día que elas queiran ou poidan xogar contra seu primeiro equipo seguro que non van a ter ese protagonismo como nos partidos de Liga. É unha posibilidade que teñen, que nós non tivemos e poden chegar a eliminatoria con algúns partidos esixentes que nós non tivemos”.

Duas finais
“A día de hoxe, nin dende o plantel, nin dende o corpo técnico estamos pensando no ascenso. Só estamos pensado no partido do Umia e non podemos facer cavalas mais aló, non tería sentido. Sen saber o que suceda este domingo non podemos pensar en nada mais lonxe que o próximo partido. Temos que traballar, seguir nesta liña e ir coa máxima das ilusións e, polo menos, ter un día no que equipo sexa honrado co esforzo e o traballo e de aí para diante o que tema que vir xa virá”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content