Saa: “Todos os partidos fora da casa soen ser competitivos”

“Xa imos tendo mais automatismo de grupo e ves xogadas colectivas que adestrasches antes”, añadiu o técnico azul.

O adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, Miguel Saa, compareceu nunha roda de prensa telemática na previa do partido contra o Monteforte, correspondente á 7ª xornada de Liga (domingo, 16:00 h, Alex Blanco II): “Un partido interesante, todos os partidos fora da casa soen ser competitivos e Monforte é Monforte, a ninguén lle gusta ir alí e, bueno, haberá que competir e haberá que tratar de traer os tres puntos e seguir traballando”.

“O equipo está moi ben. A verdade é que últimamente levamos un mes moi bo, estanse adestrando mellor, asistindo máis aos adestramentos con moi bo ambiente, moito esforzo e estamos moi contentos co grupo en xeral e elas mesmas, ainda que vos partidos vos vaias sacando adiante, digamos cunha maneira bastante holgada, están a esforzarse ao máximo igualmente”.

Estilo de xogo
“Xa imos tendo mais automatismo de grupo e ves xogadas colectivas que adestrasches antes. O equipo está xogando mellor e sobretodo estando mais organizado en fase defensiva, que era co que mais tiñamos medo e cada vez van pillando mais o que lles pedimos”.

Defensa
“Iso está claro, defender ben é moi importante. Nestes partidos que estamos a xogar neste grupo a maior parte estamos defendendo coa posesión do balón porque ao final o 80% do tempo pero aínda así si que estamos concentradas atrás para que nese outro 20% saber o que temos que facer e defendelo, estar intensas e concentradas, que é un pouco o que se eles pide”.

Clasificadas para o playoff
“Nos adestramentos non se está falando. Estamos afrontando o partido como outro partido mais. Evidentemente, claro que hai que ter en conta que si se gaña xa se estaría clasificada para o playoff matematicamente, que era un dos obxectivos que se tiña esta tempada, pero non temos un exceso de nerviosismo por iso. Temos que xogar como a fin de semana pasada e como xogaremos o seguinte, non imos mirando a clasificación, a verdade”.

Relaxación post-clasificación
“A verdade é que non creo, cada vez estamos adestrando mellor. Estase planeando meter mais adestramentos, elas mesmo demandan mais partidos a parte dos da propia competición. Non contamos con que apareza esa relaxación, non é algo que creamos que vaia a pasar”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content