Rosalía-Vilariño: a continuar o bo inicio de Liga

O equipo afronta no Municipal de Oira a segunda xornada trala súa vitoria contra o San Mateo (12:00 h; Domingo).

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía afronta a segunda xornada de Liga co propósito de dar continuidade ao bo inicio mostrado no primeiro partido fronte ao San Mateo. Nesta ocasión, na súa estreo en casa, as de Saa enfrontaranse ao Vilariño no Municipal de Oira (12:00 h; domingo) para buscar a segunda vitoria consecutiva no campionato.

Aínda que é pronto para facer conxecturas coa clasificación, o certo é que a EFF Rosalía concluíu a xornada da estrea no quinto posto grazas aos tres puntos conseguidos nun quintuple empate polo liderato. Unha tempada máis, parte deses méritos volven ser grazas a Zaira, que xa sumou o seu primeiro gol do curso.

“Chegamos logo dun comezo con vitoria, o cal sempre axuda a coller confianza e dános máis ganas de que chegue o seguinte partido”, dixo Saa na roda de prensa previa ao partido. O técnico catalán, que respecto da primeira xornada poderá contar con Isis e Ana Seguín para medirse ao Racing de Vilariño no que será o debut en partido oficial da nova casa das pontinas, o Municipal de Oira, situado no barrio de A Ponte.

Vitoria
“Realmente o de seguir en “racha” non é algo que nos preocupe. No fútbol, todos os partidos anteriores non contan para nada, do mesmo xeito que todo o que vaia máis aló do domingo ás 12 non nos quita nin un momento de atención”.

Convocatoria
“Sabemos que Bea e Lidia non estarán. O cal fai que desde o luns sáibase xa a convocatoria, iso si é un gran hándicap que fai perder a competitividad por entrar na lista, pero sabemos que é algo que non depende de nós”.

1 gañado, 1 empatado, 1 perdido

Balance dos enfrontamentos entre os dous clubs

O rival
Racing de Vilariño chega con ganas de sumar os seus primeiros tres puntos en competición logo de non xogar a semana pasada ao ter xornada de descanso. Mañá domingo será a cuarta ocasión que se enfrenten os dous equipos cun balance de 1 victoria para cada un e 1 empate.

Esta é a convocatoria de Miguel Saa para o partido fronte ao Vilariño, correspondente á xornada 2 de Liga, na que eran baixas fixas Bea e Lidia.

CONVOCATORIA DA ESCUELA DE FÚTBOL FEMENINA ROSALÍA:
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Paqui, Isis, Paula e Sabela.
Centrocampistas: Fírvida, Aldarita, Ainara, María, Patricia, Aida e Fara.
Dianteiras: Noui, Zaira e Ana Seguín.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content