As de Saa visitan o Oural na primeira xornada do campionato (11:00 h Salvaterra de Miño).
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía arrinca unha nova tempada mañá no Oural fronte ao San Mateo (11:00 h, Salvaterra). Logo dunhas esixentes semanas de pretemporada en Velle e o Municipal de Oira, Miguel Saa e as súas xogadoras estréanse na Liga coa intención de obter os tres primeiros puntos e iniciar o curso do mellor xeito posible.
Toca deixar unha longa pretemporada atrás. Os malos resultados (tres derrotas de tres posibles) propiciaron que a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía non chegue coas mellores sensacións ao estreo liguero desta tempada. Iso si, non hai que levarse a enganos. A pretemporada é un rodaxe e desde hoxe, día de arranque da 2ª División Galega Feminina, hai puntos en xogo. Será mañá, a partir das 11:00 horas no Oural de Salvaterra de Miño (inédito para as pontinas), cando as azuis xogarán o primeiro partido oficial da campaña 2021-2022. E si hai un partido incómodo polo estilo de xogo do rival e o seu campo ese é o do San Mateo. O encontro é toda unha incógnita, así como o funcionamento dun equipo que o ano pasado non se inscribiu na competición liguera pero que sempre puxo en apretos ás azuis.
O cadro pontareán cambiou de adestrador e mantivo a algunhas das súas xogadoras importantes. Os únicos datos coñecidos son a vitoria por 1-3 fronte ao Cañiza CF no seu primeiro partido amistoso de pretemporada. As azuis saben que teñen que saír moi enchufadas ao terreo de xogo para conseguir levarse os tres puntos do seu primeiro partido da tempada oficial.
“O equipo chega canso mentalmente, xa que ao igual q o ano pasado dannos unha data de inicio que despois pospoñen e ver que ao final ninguén protesta queima moito”, dixo Saa na roda de prensa previa ao partido de ou Oural.
Precedentes
O San Mateo inicia a competición diante do seu público pero non no seu terreo de xogo habitual, ao atoparse as instalacións do Campo de fútbol de O Cruceiro en reformas. Será a quinta ocasión que a EFF Rosalía visite ao San Mateo na Liga. O balance dos 4 partidos anteriores é favorable ao noso equipo, que logrou 3 triunfos por un das pontareáns.
Convocatoria da EFF Rosalía
Miguel Saa citou a 16 xogadoras para viaxen a Salvaterra na primeira xornada da campaña 21/22:
- Porteira: Rocio.
- Defensas: Noa Domínguez, Sabela, Laura Añón, Paqui e Paula.
- Centrocampistas: Noa Fírvida, Aldarita, Ainara, María, Patricia, Lidia, Aida e Fara.
- Dianteiras: Zaira e Noui.